Redacción. -
Provocador, comprometido, artista e, sobre todo, moi divertido. Así é Leo Bassi, un dos clowns máis coñecidos do mundo que a vindeira semana actuará en Xixón (26/01), Lugo (27/01), Salceda de Caselas (28/01) e Viveiro (29/01).
Subirá aos escenarios co seu espectáculo Yo, Mussolini, no que volve posicionarse fronte á extrema dereita e o actual auxe en todo o mundo da vella ideoloxía fascista. Un desafío directo á xente que ten loitado sempre por unha vida máis solidaria e humanista.
Yo, Mussolini é unha peza provocadora e divertida, pensada para xerar optimismo e dar ao público que sae do teatro gañas de resistir, ou, mellor, “risistir!” con intelixencia á intolerancia. E é que a mensaxe máis importante desta peza de Leo Bassi é que o fascismo crece polo medo que xera, e que o mellor antídoto contra ese medo é o sentido do humor.
Xa están dispoñibles as entradas para:
- 26/01 en Xixón: https://www.taquilla.com/entradas/leo-bassi
- 27/01 en Lugo: https://www.entradaslugo.es/evento/teatro/yo-mussolini
- 28/01 en Viveiro: Info proximamente
- 29/01 en Salceda de Caselas: Recoller na Casa da Cultura
0 comentários :
Danos a túa opinión