O Tae Kwon-Do nas fases do ser humano

Redacción. -

A asociación WORLD MOO DUK KWAN convoca a charla/coloquio sobre o tema "O Tae Kwon-Do nas fases do ser humano (adulto e vellez)" o sábado 5 de febreiro nun acto totalmente gratuíto pero limitado por aforamento aos 60 primeiros inscritos.

A charla/ coloquio será presentada polo mestre Antonio Montes (presidente da WORLD MOO DUK KWAN) e contará coa achega do mestres D. Manuel Barreto Calvo, D. Carlos Fraguela Muiño e D. Jose Luís Garrapucho Cermeño; todos eles mestres con experiencia por máis de 40 anos no Tae Kwon-Do, pioneiros do Tae Kwon-Do galego, formadores de múltiples medallistas rexionais, nacionais, internacionais, inclusive olímpicos.

Farase unha reflexión sobre os beneficios que a práctica do Tae Kwon-Do puiden achegar ao individuo cando afronta a idade adulta e mesmo na vellez, farase unha crítica construtiva sobre a evolución que o Tae Kwon-Do está a ter e como inflúe practícaa nestas etapas da vida.

Lembrar que os mestres convidados todos eles teñen máis de 60 anos e compartirán connosco os "segredos" que atoparon no Tae Kwon-Do para manterse nunha condición máis que aceptable para a idade que teñen.

LUGAR: Salón de Actos da Casa da Cultura de Villalba (Lugo)
HORARIO: 11:30 a 13:30

Será imprescindible formalizar a inscrición a través do formulario: https://docs.google.com/.../1FAIpQLSd6vtezAZTQEU.../viewform

 

19 de xan. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión