Redacción. -
O 11 de febreiro en Vigo estréase Ragazzo,
a historia real dun xoven activista italiano
A compañía Barrosanta debuta con esta reivindicativa peza protagonizada por Anxo Outumuro.
Ragazzo é unha historia real con nome e apelidos: Carlo Giuliani. Un xoven activista italiano asasinado nunha manifestación contra o cumio do G8 en Xénova no 2001. Un releato conmovedor que se estreará na sala Ártika de Vigo o vindeiro venres 11 de febreiro ás 20:00h horas. Ademais farán outros dous pases o 12 e 13 de febreiro.
Anxo Outumuro (El desorden que dejas), é o protagonista desta peza de Barrosanta dirixida por Xavier Castiñeira (Butacazero) e con texto de Lali Álvarez. “Ragazzo é unha oda á xuventude e á liberdade, un grito á vida, á dignificación das historias personais e unha reivindicación da memoria colectiva”, indican dende a compañía.
0 comentários :
Danos a túa opinión