Conversas arredor de Xorima o 19 de marzo

Redacción. -

O  sábado  19  de  marzo  de  2022  é  a  nova  data fixada  (despois  de  terse  adiado  a  do  26  de decembro  de  2021)  para  a  presentación  na capital  chairega  do  libro  Conversas  arredor  de Xorima,  de  Paulo  Naseiro,  editado  no  ano  2020 polo  Instituto  de  Estudos  Chairegos,  coa colaboración  da  Área  de  Cultura/Vicepresidencia  da  Deputación  de  Lugo.  O  evento  marca  o despegue  do  Proxecto  Xorima,  un  proxecto transmedia  que  busca  homenaxear  o  grupo  de folk  Xorima  a  través  de  múltiples  medios  e plataformas,  recuperando  a  súa  memoria  e reunindo  aos  membros  da  primeira  formación despois  de  corenta  anos.   Xorima  foi  un  grupo  revelación  no  nacente  folk instrumental  galego  dos  anos  oitenta.  Chegaron  a actuar  nos  máis  importantes  festivais  de  folk  en Galicia  e  traspasaron  as  súas  fronteiras  para acudir  a  citas  como  o  Festival  Intercéltico  de Lorient.  Do  seu  paso  pola  historia  do  folk  galego deixaron  pegada  nun  disco  gravado  en  1985.   O  proxecto  Xorima  xa  conta  cunha  páxina  web, proxectoxorima.com,  e  está  a  producir  un documental  que  será  estreado  en  data  aínda  non fixada.  Nas  redes  sociais,  pódense  seguir  todas  as  novidades  a  través  de  Twitter (@Proxecto_Xorima),  Instagram  (proxecto_xorima)  e  Facebook  (@ProxectoXorima).   A  presentación  do  libro  Conversas  arredor  de  Xorima  terá  lugar  no  Auditorio  Municipal  de Vilalba  ás 20:00h,  nun  evento  que  tamén  contará  coa  actuación de  Xorima.   As  entradas  que  se  sacaron  para  a  anterior  data  prevista  nun  proncipio  para  o  26  de decembro  de  2021,  seguen  tendo  validez  para  esta  do  19  de  marzo  de  2022.  En  todo  caso, recoméndase  ás  persoas  que  aínda  non  teñen  entradas  e  estean  interesadas  en  acudir  ao acto,  que  permanezan  atentas  á  disponibilidade  das  mesmas  na  web  do  Concello,  pois  irán aparecendo  aquelas  que  vaian  quedando  libres. A  organización  do  evento  corre  a  cargo  do  Instituto  de  Estudos  Chairegos,  como  principal asociación  participante  no  proxecto,  en  colaboración  co  Concello  de  Vilalba.   

14 de mar. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión