Café Dorothé na Casa do Manuel

Redacción. -

Este sábado, día 9 de abril, ás 17 horas, na Casa-Museo Manuel María, o guitarrista Virxilio da Silva e a acordeonista e cantante Sonsoles Penadique van estrear un espectáculo dirixido para as familias e as crianzas (entre catro e doce anos) que leva por título Café Dorothé e que está baseado nas melodías populares de tradición oral que a musicóloga suíza Dorothé Schubarth compilou por toda Galiza e escribiu desde finais dos anos setenta.

Virxilio e Sonsoles desenvolven unha proposta con versións moi persoais destas cancións para que as nenas e os nenos e as súas familias poidan cantar, bailar e xogar (https://www.youtube.com/watch?v=x8C-1HjwIFM). O punto de partida é o Cancioneiro popular galego, obra editada en 1984, escrita por Schubarth, coa colaboración de Antón Santamarina, é que a máis extensa e minuciosa compilación da música popular galega.

Para asistir ao espectáculo é necesario facer reserva (billete: 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou whatsapp 698177621.

5 de abr. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión