Redacción. -
O artista alemán Markus Linnenbrink presenta unha instalación pictórica site-specific na Fundación DIDAC, ocupando a totalidade do seu espazo para convertelo nunha pintura habitable e de enormes dimensións. A inauguración terá lugar o venres 3 de xuño ás 19 h e contará coa presenza do artista. A exposición, titulada FLAMINGLOVEANDDESTINY, poderá visitarse até o 11 de setembro.
A pintura de Markus Linnenbrink (Dortmund, Alemaña, 1961) xera unha complexa atmosfera na que o espazo arquitectónico asóciase co proceso pictórico e cromático, conformando unha experiencia sensorial expandida. En moitas das súas instalacións, as liñas advirten sutís xeometrías que achegan precisión e profundidade, confrontándose con meditados goteos nun interesante equilibrio entre o espontáneo e o racional.
Nesta ocasión, Markus Linnenbrink realiza unha instalación site-specific para as salas da Fundación DIDAC, xogando coas condicións físicas do espazo para ocupar a súa totalidade converténdoo nunha pintura habitable que impulsa ao espectador a mirar en varias direccións e mergullarse na emoción plástica.
A fixación pola cor, nunha gama que prima as complementarias, provoca unha potente fisicidade que deixa fóra de xogo ao cubo branco para multiplicar as súas arestas dotándoo de brillo e luz. Sen romper o patrón formal, o artista insírenos nunha sorte de xogo de espellos onde se trastorna a noción espacial, interpelada agora polas súas múltiples liñas en fuga.
Nesta instalación, a pintura supera o plano vertical para deslizarse entre o teito e o chan, impondo un compás dinámico e case frenético, próximo á psicodelia. Se a retícula configurada polas liñas outorga orde ao conxunto, o derramamento da pintura indica o seu carácter fluído, aproxímanos ao xesto e ao proceso. Suxire, en certo xeito, a acción de pintar como un exercicio de capas, revisións e cadencias compasadas entre os propios ritmos cotiáns.
Markus Linennbrink está representado pola Galería Max Estrella de Madrid.
Máis información en didac.gal

0 comentários :
Danos a túa opinión