Concerto de Zoelas na Casa do Manuel

Redacción. -

Este sábado, día 4 de xuño, ás 20 horas, a formación orixinaria da comarca da Ulloa, Zoelas, subirá ao cenario do auditorio da Casa-Museo Manuel María para interpretar ao público asistente pezas do seu traballo Evelaités, así como algunha recente composición do que será o seu próximo traballo discográfico.

Zoelas é un proxecto musical en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais como o reggae, blues ou bossa nova, e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).

Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente o billete (5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

4 de xuño de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión