Redacción. -
Cristina Pato debuta como novelista con “No día do seu enterro”, publicada pola Editorial Galaxia na súa Colección Literaria (2022). Unha obra sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia. “No día do seu enterro” é unha historia persoalísima que pon en valor a grandeza do pequeno, dos actos desinteresados, das accións que ninguén ve pero que son capaces de transformar a sociedade. Escrita e publicada en galego, a novela está dispoñible en todas as librarías de Galicia. Axenda de presentacións e sinaturas de libros OURENSE Sinatura na Libraría Nobel Venres 17 de xuño, ás 19.00 h (Nova localización: Santo Domingo, 66) VIGO. Presentación na Libraría Librouro Luns 27 de xuño, ás 20.00 h Acompañando á autora, estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. SANTIAGO. Presentación na Libraría Couceiro Martes 28 de xuño, ás 19:30 h Acompañando á autora estará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
A CORUÑA. Presentación na Libraría Berbiriana Mércores 29 de xuño, ás 19:30 h Libraría Berbiriana (espazo reservado) Acompañando á autora estará Inma López Silva, escritora e crítica teatral. LUGO. Presentación Xoves 30 de xuño, ás 19:30 h O vello Cárcere Colaboración Trama Sobre Cristina Pato (Ourense, 1980) Música, escritora, educadora e produtora, Cristina Pato foi aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” por The New York Times. Na actualidade, a súa vida profesional está centrada na exploración do rol das artes na sociedade a través da docencia e da produción. Traballou como artista en residencia na Universidade de Nova York (NYU), na Universidade de Harvard e na Universidade de California, Santa Bárbara. Ademais de colaborar durante quince anos co Silkroad Project, a organización fundada polo violonchelista Yo-Yo Ma. Como escritora e columnista, no ano 2015 comezou a súa andaina cunha columna quincenal no xornal El Correo Gallego, e desde o 2017 escribe unha popular columna semanal para a contraportada do periódico La Voz de Galicia titulada "A arte da inquedanza" pola que gañou o XVII Premio Afundación de Periodismo Fernández del Riego. No ano 2022 publica a súa primeira novela “No día do seu enterro”, coa Editorial Galaxia (Colección Literaria, 2022). Cristina divide o seu tempo entre Nova York e Galicia e comparte a súa vida co fotógrafo Xan Padrón. Máis información e materiais www.cristinapato.com
0 comentários :
Danos a túa opinión