Redacción. -
Na primeira fin de semana de Xullo terá lugar en Guitiriz na Casa Habaneira a segunda edición do Festival de Poesía que organiza a Nova Poesía Guitirica NPG coa colaboración do concello e a Asociación de Hosteleria local.
Actos para os mais novos, pasarrúas poéticos, presentacións das mais recentes novidades poéticas, concertos poéticos musicais, exposición de colaxes de Clara Martín e entregas dos premios Vilarinhas e Diaz Castro de poesia.
Este ano, a encargada de dar o pregón será a poeta Marica Campo, que sucede a Alfonso Blanco, pregoeiro do 1° Festival.
Guitiriz é con este festival unha das escasas localidades galegas que programan festivais de poesia entre as que están localidades como Ferrol, Allariz, Salvaterra, O Couto (Ponteceso), algunhas delas con moitos anos de experiencia.
Ter como grande referencia ao poeta local Xosé María Diaz Castro serviu de motor para a própria existencia e consolidación da NPG e a organización deste Festival poético.
Este é o programa:
II FESTIVAL DE POESIA GUITIRICA
Venres 1 de xullo.
17:00 Espectáculo infantil: Brinca Vai! De aquí a acolá, de Paco Nogueiras
POESÍA VIS A VIS
Presentación de novidades (a duo):
18:30
Inauguración da exposición de collages de Clara Martín (do 1 ao 29)
Luz Darriba: Xoguetes para menos cegos (Belagua)
Xulio Pardo de Neira: Uterus siue uolua (Fervenza)
19:15
Ainhoa Conde: Devotos do destino (Medulia)
Maria Xosé Lamas: Un corvo en Caldaloba (Medulia)
20:30 Concerto VERSO:
Corredores de sombra
Sábado 2 de xullo.
11:15
Conversa con Clara Blanco
11:30
Pregón e presentación do Festival
con Marica Campo e Marisol Morandeira
13:00
Pasarrúas poético.
POESIA VIS A VIS
Presentación de novidades (a duo):
17:00
Moncho Bouzas: Argonauta (Medulia)
Luz Airado: Instintos (Medulia)
17:45
Curra Figueroa: Poesia para a mãe Terra (Medulia)
Eladio Rodriguez: Versos para a mulher poeta (Ir indo)
18:30
Lino G. Salgado: Kamikazes (Medulia)
Pura Tejelo: Novembro (Urutau)
19:15
Maria Álvarez Landesa
con Eva Teixeiro e Alba María:
Como duas crebas (Medulia)
20:30
Concerto VERSO.
Folerpa de Son.
Domingo 3 de Xullo
11:30
Entrega dos premios Diaz Castro de poesia e Vilarinhas de micro poesia coa música de Roger de Flor e Pedro Montilla
13:30
Pasarrúas poético.
*No mes de xullo as Vilarinhas 2022 estarán expostas nas farolas de Guitiriz.
*Do 1 ao 29 de xullo exposición de collages de Clara Martín
0 comentários :
Danos a túa opinión