Welcome to ma maison

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental WELCOME TO MA MAISON, de Andrés Goteira e Igor Fernández, continuando co CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2022 bríndanos a oportunidade de disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XX PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 25 de xuño de 2022, ás 20:00 horas. SINOPSE: Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON está obsesionado cas mans. Igor NON é fan do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis de nadal. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental). Welcome to ma maison é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ó non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe. Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.  FICHA TÉCNICA:  Produtora: Gaitafilmes en colaboración con Mordisco Films Guión: Andrés Goteira, Igor Fernández  Montaxe: Andrés Goteira, Igor Fernández Cor e formato: Alberto Díaz Director de produción: Suso López Música final: Bioskope Música de fondo: Andrés Goteira  Operadores de cámara: Nacho Ozores, Lucía C.Pan, Andrés Goteira, Igor Fernández, Félix Brixel. Axudante de produción: Laura Doval Auxiliar de produción: Andrés García  Axudante de montaxe: Nacho Ozores Auxiliares de montaxe: Paula Quiroga, Felix Brixel Montaxe de son: Óscar Nieto Misturas de son: Javier Pato Estudo de son: La Panificadora Estudios  Márketing e comunicación: Laura Doval, René Ogando  Deseño: Tania Villaga Subtitulado: Pequerrecho Entertainment    A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO  BEN DIRECTAMENTE NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.  PROXECCIÓN DE “WELCOME TO MA MAISON”, DE ANDRÉS GOTEIRA E IGOR FERNÁNDEZ – DOCUMENTAL FINALISTA DOS XX PREMIOS MESTRE MATEO-SÁBADO 25-06-2022 - 20:00 H. – AUDITORIO DE VILALBA 

17 de xuño de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión