Cine na rúa

Redacción. -

Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, participa no CICLO DE CINE NA RÚA convocado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, coa proxección ao aire libre da película O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA de Andy Hamilton e Guy Jenkin, que terá lugar no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA o vindeiro mércores 24 de agosto, ás 21:30 horas.

O NOSO ÚLTIMO VERÁN EN ESCOCIA
Sinopse:

Un matrimonio en crise viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.

ACTORES

Rosamund Pike, David Tennant, Billy Connolly, Celia Imrie, Emilia Jones, Ben Miller…

EQUIPO TÉCNICO

Dirección e guión: Andy Hamilton e Guy Jenkin
Fotografía: Martin Hawkins
Música: Alex Heffes
Ano: 2014
País: Reino Unido

“(…) O Último Verán en Escocia é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada provocada pola espontaneidade e saídas dos tres pillabáns que, aínda que pareza mentira, acaban converténdose nos máis sensatos do conto. Atención tamén ao tratamento da paisaxe e da música tradicional celta que terá o seu punto álxido na catarse colectiva do fina.” (extracto da crítica de Andrés Castro publicada en NÓS DIARIO)

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO

21 de ago. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión