50 anos da Casa de Rosalía


Redacción.-






Chega a Vilalba a exposición
sobre os 50 anos da Casa de
Rosalía
Estará na Praza da Constitución desde o
vindeiro martes, día 6, ata o 18 de setembro,
cando continuará a súa itinerancia por
Chantada e Becerreá
Esta mostra repasa a historia da CasaMuseo
de Rosalía e lembra o fito que
supuxo conseguir mercar, restaurar e
musealizar esta Casa en pleno franquismo
grazas á colaboración de milleiros de
persoas.
6 de setembro de 2022, 17:00 horas, Praza
da Constitución de Vilalba, inaugiración da
exposición ‘A Casa de Galicia. 50 anos da
Casa de Rosalía’ na que se repasa a historia
deste museo e se lembra o fito que supuxo en
pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e
musealizar esta Casa grazas á colaboración de
milleiros de persoas.
A mostra, que se pode visitar na Praza da Constitución (A Chouzana) ata o 18 de
setembro, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo.
Contará coa presenza de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía; Marisa
Barreiro, presidenta do IESCHA; Elba Veleiro, alcaldesa do Concello de Vilalba; Vanesa
Siso, concelleira de Cultura, e Tareixa Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo,
que financia esta itinerancia, que logo a levará por outras vilas da provincia como Chantada
e Becerreá.
Esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15
de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e
entidades de todo o país e da emigración. O Patronato Rosalía, creado en 1947,
converteuse en refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que
eran auténticos encontros de afirmación galeguista. Nin sequera o franquismo puido
facerlle fronte á vontade popular de recuperar esta Casa.

Daquela participaron centos de persoas anónimas de Galicia a partir da proposta de José
Manuel Rey de Viana, organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros
galegos na emigración, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e
innumerables asociacións de todo o país.
50 anos de historia, un ano de celebracións
A Casa da Matanza abriu ao público o 15 de xullo de 1971, pero non foi ata o ano seguinte
cando sería musealizada a partir do proxecto realizado por Xosé Filgueira Valverde. É por
iso que as celebracións e actividades deste 50 aniversario durarán un ano, de xullo de
2021 a xullo de 2022.
A historia da Casa de Rosalía é a historia dun logro colectivo. Pouco despois da morte de
Rosalía a casa da Matanza fica baldeira. Despois de varios intentos, é mercada en 1946
por Xosé Villar Granjel e Xosé Mosquera. O Patronato Rosalía, creado en 1947, acabou
sendo refuxio do galeguismo, con actos, como a Misa de Rosalía en Bonaval, que eran
auténticos encontros de afirmación galeguista. Ata 1951 non se realizou a primeira
restauración, segundo planos de Gómez Román. Pero foi a partir da presidencia de Sixto
Seco cando en 1971, baixo a dirección de Fernández-Albalat, cando se puido inaugurar
como Casa-Museo o 15 de xullo dese ano. Da montaxe e dirección do Museo encárgase
Xosé Filgueira Valverde.
A Casa da Matanza converteuse en Casa-Museo en pleno franquismo grazas á implicación
de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. A partir da proposta de
José Manuel Rey de Viana, realizada no Pedrón de Ouro de 1970, iniciouse unha campaña
na que participaron centos de persoas, de xeito particular e ás veces anónimo,
organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na emigración,
uníronse máis de 60 concellos, varios bancos, a Federación de Caixas de Aforros, o Celta
de Vigo, a Federación Galega de Ciclismo e innumerables asociacións de todo o país. Ao
final, colleitouse un total de 994.043 pesetas en 1971.

3 de set. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión