Entrega do V Premio Agustín Fernández Paz


Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade ao escritor gañador, LOIS PÉREZ, polo seu libro A GRUTA DA TORRE, que terá lugar o sábado, día 22 de outubro de 2022, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA.

O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e LOIS PÉREZ, gañador do premio.

Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe…

Para elo, contamos coa participación de:

DÚO PASAXES, Pablo del Valle e Marcos Sachin Novo, percusionistas
AS MOUCHAS, alumnas do IES Basanta Silva
ALUMNADO DA ESCOLA DE TEATRO
CORREDORES DE SOMBA

Contaremos tamén coa colaboración da Asociación de Xordos de Lugo (AXORLU).

Nalgún momento do acto, darase a coñecer o ditame do Xurado do VI Premio Agustín Fernández Paz.

A entrada é de balde, pero haberá que reservala con antelación na páxina web do Concello. Tamén se poderán conseguir o mesmo día do acto na billeteira do Auditorio sempre e cando quedasen asentos libres.

14 de out. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión