Redacción. -
Este sábado, 15 de outubro, ás 17 horas, no auditorio da Casa-Museo Manuel María, e dirixido para crianzas e público familiar, teremos a posibilidade de gozar do concerto infantil Pitusa Semifusa.
Trátase dun espectáculo musical a dúo, creado por Olga Brañas, que a través de instrumentos de xoguete, dunhas cancións pegadizas e divertidas e algunha coreografía sinxela iranse introducindo os distintos instrumentos e estilos musicais.
Olga Brañas, grao profesional de piano e mestrado en profesorado de música, é membro de Brañas Folk desde hai case dúas décadas, onde alén de ser instrumentista, é compositora e arranxista. Leva anos dedicada ao ensino musical en Escolas Infantís e Escolas de Música, actividade en que se inspirou para facer os proxectos didácticos e divertidos “Pitusa Semifusa” e “Pitusa Semifusa e os estilos musicais”.
0 comentários :
Danos a túa opinión