'Unha Nova Olanda' de Antón Baamonde

Redacción. -

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, editado por GALAXIA “UNHA NOVA OLANDA. De Ferrol ao Porto: As cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global”, do que é autor ANTÓN BAAMONDE.

O acto terá lugar o venres, 28 de outubro de 2022, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA.

"Un riguroso ensaio de xeografía humana, que polo seu interese xeral, terá axiña versión internacional, posto que trata un feito que o nacionalismo galego tradicionalmente desconsidera. Galicia é policéntrica: está integrada por cidades cada unha cunha identidade. Mas non só: no seu espazo natural, formado por 6,5 millóns de habitan-tes, unha vez que a UE disolveu as fronteiras políticas, imponse a xeografía, a física e a humana: unha unidade de mercado con continuidades culturais e sociais. (…)". (https://www.igadi.gal/web/analiseopinion/unha-nova-olanda (parte da recensión de Xosé Carlos Morell)


24 de out. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión