Redacción. -
A Nova Poesía Guitirica NPG propón ao Concello de Guitiriz a realización dun grande mural adicado ao poeta Díaz Castro. A proposta foi realizada onte á alcaldesa Marisol Morandeira no acto de presentación do libro de Man Castro por Antón de Guizán que propuxo tamén versos de Díaz Castro para os pasos de peóns da vila. A proposta foi presentada tamén polo rexistro electrónico municipal.
A Xosé Maria Díaz Castro adicaronselle as Letras Galegas 2014 é o persoeiro máis relevante da história recente de Guitiriz e un dos poetas máis destacados da literatura galega.
Un grande mural conteibuirá ao orgullo das xentes de Guitiriz do seu bardo máis importante, inspirador da Nova Poesía Guitirica NPG e tamén ao que sexa percebido polos centos de visitantes que se achegan a Guitiriz.
Así como Vilalba ten adicado o seu a Agustín Fernández Paz, o poeta vilarego merece um lugar destacado em honra por todo o aportado ao seu concelho de orixe e nada mellor que um grande mural.
A actividade poética promovida dende os centros de ensino, Xermolos e Nova Poesía Guitirica NPG configuran a Guitiriz como um concello poético con Díaz Castro como figura referencial.
Outra das propostas manifestadas á alcaldesa foi incluir nos pasos de peóns da vila e tamén de Parga, versos do poeta local.
Guitiriz é pedra, auga...e poesía!!
0 comentários :
Danos a túa opinión