Redacción. -
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, pon fin ás proxeccións correspondentes ás películas finalistas dos XX PREMIOS MESTRE MATEO (documentais e longametraxes). Nesta ocasión, trátase da película “JACINTO”, dirixida por Javi Camino,
A proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábado 3 de decembro de 2022, ás 20:00 horas.
SINOPSE:
Jacinto é un adulto coa mentalidade dun neno. Vive en Mallou, unha sombría aldea abandoada entre as montañas, cos seus pais e o seu porco Martiño. A morte da súa mascota e a chegada de dúas novas veciñas estranxeiras porá o seu mundo patas arriba. Jacinto sospeita que as recén chegadas son vampiras que planean rematar coa súa familia para controlar a aldea. Para impedilo, porá en práctica todo o aprendido vendo pelis de terror.
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor longametraxe
Mellor dirección
Mellor dirección de arte
Mellor dirección de produción
Mellor guión
Mellor interpretación masculina de reparto
FICHA TCNICA:
Duración: 95’
Produtora: Vizuals Lab
Dirección: Javi Camino
Dirección de arte: Samuel Lema Ferreira
Dirección de fotografía: Francisco Arnoso “Pixi”
Dirección de produción: Xabier Eirís
Guión: Javi Camino
Reparto: Pedro Brandaríz, Anxela Baltar,
Mellor interpretación masculina protagonista
Mellor maquillaxe e perruquería
Mellor montaxe
Mellor música orixinal
Mellor vestiario Corinna Rautenberg, Miro Magariños,
Pilar Miguélez, Juanma Buiturón
Maquillaxe e perruquería: Lorena Calvo
Montaxe: Javi Camino
Música orixinal: Reserva Espiritual de Occidente (Svali y Wences Lamas)
Son: David Lagares, José Tomé
Vestiario: Lorena Calvo
0 comentários :
Danos a túa opinión