Redacción. -
O premio Trapeiro de Honra na súa oitava edición será concedido a título póstumo a Manuel Fernandez Corral (Manuel de Lea).
Nado no lugar de Lea nos Vilares, Manuel foi unha das persoas máis queridas e respeitada tanto na súa parroquias de nacemento como na de residencia, Momán, no concello de XERMADE.
Labrego, zoqueiro e comerciante, foi un dos principais informantes de Pastora Veres para o seu libro 'Lareira de soños' devido á súa prodiziosa memoria e sabedoria da contorna.
O acto de entrega será a finais do mês de xaneiro e terá lugar na capela ao pé da feira de Momán, un lugar ao pé da súa casa, o de será entregada á família unha peza exclusiva elaborada pola artista Viki Rivadulla.
Foron premiad@s En anteriores edicións:
-Xosé María Díaz Castro (Póstumo).
-Romaría Labregas da Chaira
-Pepe de Cristos
-Asunción dos Ares
-Raúl Río
-Sara das Reixas
-Germán Castro
Manuel de Lea representa a unha xeración de homes que sofreron a guerra, a posguerra, a emigración nas súas famílias e outros traballos para sacar adiante a súa tribo, e no seu caso queda do viúvo con un grande número de fillos.
Home afable e agarimoso, sentimos unha grande mágoa por non poder entregarlle o premio en vida, aínda que queremos trasladar a quenes o trataron a nosa sentida homenaxe.
Os Vilares lareira de soños
www.facebook.com/dosvilares
0 comentários :
Danos a túa opinión