Uxía e Germán Díaz na Casa do Manuel

Redacción. -

Hoxe, sábado, 19 de novembro, a partir das 20 horas, na Casa-Museo Manuel María a cantora Uxía e o zanfonista Germán Díaz deleitarán ao público asistente con Alalás e cantigas do Camiño, un espectáculo que pretende mostrar toda a beleza das músicas - históricas e imaxinadas – da tradición musical dos camiños a Compostela.

Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621

19 de nov. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión