Novo poemario de Luz Campello

Redacción. -

O sábado 17 de decembro ás 12:30 horas terá lugar na Casa Habaneira de Guitiriz a presentación do 3° poemario de Luz Campello, a poeta de Labrada que pertence ao colectivo Nova Poesía Guitirica NPG.

O acto está organizado pola A.C. Xermolos e a NPG Nova Poesía Guitirica e ademáis da autora participarán o presidente de Xermolos Alfonso Blanco, a escritora Marica Campo e a autora de "Lareira de soños", e fundadora da NPG, Pastora Veres.

O poemario BEN SABE O MAR QUE POSÚO O BOTÍN DAS PIRATAS está editado na colección Dombate da Editorial Galaxia sendo o terceiro de Luz Campello despois de "Do corazón da terra"(Xermolos) e "O inventario do prohibido" (Espiral Maior). 

Luz Campello, reaponsabel de Traballo Social no comexo hospitalário do CHUAC, é unha referencia polo seu compromisso feminista, que reflicte tamén na súa poesía, que foi musicada en diversas ocasións por cantautores como Sandra Tenreiro ou Sonia Levedinski.
Iniciouse na poesía a través de certames de Xermolos, foi premiada no Certame Rosalía de Castro e tamén foi unha das fundadoras do colectivo Nova Poesía Guitirica.

10 de dec. de 2022

0 comentários :

Danos a túa opinión