Redacción. -
Nace Xornal da Coruña, o primeiro gran xornal dixital en galego para a área metropolitana da Coruña
A Coruña e a súa área metropolitana contarán a partir de agora dun novo medio. Trátase de Xornal da Coruña (www.xornaldacoruña.gal), o primeiro gran xornal dixital en galego da cidade e a súa área que abordará a actualidade política, económica, cultural, deportiva e social desta zona e prestará especial atención aos barrios, aos movementos sociais, medio ambiente e ao patrimonio.
Xornal da Coruña nace, ademais, asociado a GC (www.galiciaconfidencial.gal), o principal medio dixital en galego e un dos máis importantes no panorama mediático de Galicia, e de Que Pasa na Costa ( www.quepasanacosta.gal), o principal referente da información dixital da comarca da Costa da Morte. Ambos os tres contan cun acordo para intercambiar información e publicidade a través da plataforma Novobanner (www.novobanner.com).
Este novo medio está dirixido e coordinado por Xurxo Salgado e Ubaldo Cerqueiro e conta con diversos colaboradores e firmas convidadas, entre eles, José Manuel Sande (cultura e política), Ricardo Vales (movementos sociais), Alicia Barreiro (sanidade), Xurxo Souto (cultura), Javier López Moríñigo (saúde mental), Manu Sánchez (fútfem), Miguel Barreiro (Dépor) ou Fernando Campos (hockey).
0 comentários :
Danos a túa opinión