Imaxes da aula sinistrada. Foto AVV
Na fotografía da esquerda pódese ver o estado da zona inmediatamente despois do accidente, coa escada e as estadas utilizadas pola construtora para proceder ao recheo de formigón contra a fachada orixinal do centro.
A envergadura das obras que se están a acometer no CEIP Ínsua Bermúdez ten levado a moitos pais e mestres do centro a preguntárense se é prudente levalas a cabo en pleno curso escolar e co colexio en plena actividade.
Foto: AVV
Así, os pequenos levan seis meses convivindo con pranchas de aceiro, maquinaria pesada, escombros de desentullo, etc., contando como única protección cunhas sinxelas verxas de aramio simplemente pousadas sobre pequenas zapatas de cemento. Asimesmo, parte das obras están a afectar a partes da estrutura do edificio orixinal, co perigo conseguinte de derrubamento, tal e como se puido comprobar esta mañá.
Redacción
Sobre as doce corenta desta mañá, alumnos e profesores do CEIP Ínsua Bermúdez de Vilalba sentiron un forte estrondo que fixo tremer todo o edificio, e que tamén se puido oír noutros centros educativos próximos. As paredes dunha das aulas de educación infantil acababan de derrubarse a causa das obras que se están a realizar desde xaneiro no centro.
A boa fortuna quixo que os vinte e dous nenos e nenas de catro e cinco anos presentes nese momento, xunto cunha mestra, María Guerrero, na aula sinistrada, se atoparan realizando unha actividade na banda oposta da estancia, polo que, de milagre, non hai que lamentar danos persoais, malia que un dos pequenos quedara atrapado entre o mobiliario proxectado polos escombros, sendo inmediatamente rescatado por mestres do centro sen maiores consecuencias.
Segundo manifestou a profesora a COPE Vilalba, os cascallos non alcanzaron aos pequenos "por cuestión de segundos", pois momentos antes do derrubamento estaban todos próximos ao muro sinistrado.
Inmediatamente acudiron ao centro efectivos de protección civil, bombeiros, garda civil, 061 e policía local, así como o alcalde de Vilalba, mentres os alumnos de primaria eran concentrados no pavillón de deportes, e os de infantil no comedor escolar. Moitos alumnos , pais e profesores foron presa de ataques de ansiedade a causa do sucedido.
Tamén acudiron de seguido ducias de pais e nais, informados do sinistro a través do informativo local da COPE, e logo polo boca a boca, e que amosaban a súa indignación porque un feito así poda acontecer nun centro educativo con trescentos alumnos. Moitos coincidían na denuncia das escasas medidas de seguridade adoptadas até o momento, e do perigo de que un feito así sucedera antes ou despois.
Ao parecer, o derrubamento produciuse cando os operarios da empresa construtora prodecían ao recheo dun encofrado encostado á parede da aula de infantil que, ao non estar apuntalada, cedeu á presión. O enchemento, en troques de facerse aos poucos, como requiría a situación, fíxose dunha vez, verquendo até a metade do formigón previsto, momento no rebentaron os dous tabiques da aula.

Na imaxe pódense apreciar as cavillas de ferro vencidas cara dentro,
dobradas pola presión do formigón logo de rebentar os tabiques
que sustentaban o encofrado. Foto AVV
Na fotografía da esquerda pódese ver o estado da zona inmediatamente despois do accidente, coa escada e as estadas utilizadas pola construtora para proceder ao recheo de formigón contra a fachada orixinal do centro.
A envergadura das obras que se están a acometer no CEIP Ínsua Bermúdez ten levado a moitos pais e mestres do centro a preguntárense se é prudente levalas a cabo en pleno curso escolar e co colexio en plena actividade.
Foto: AVV
Así, os pequenos levan seis meses convivindo con pranchas de aceiro, maquinaria pesada, escombros de desentullo, etc., contando como única protección cunhas sinxelas verxas de aramio simplemente pousadas sobre pequenas zapatas de cemento. Asimesmo, parte das obras están a afectar a partes da estrutura do edificio orixinal, co perigo conseguinte de derrubamento, tal e como se puido comprobar esta mañá.
Imaxe do patio, onde se poden apreciar importantes modificacións estruturais. Foto AVV
A pregunta que xurde agora é quen son os responsábeis deste sensentido que está a pór en perigo a nenos e nenas e profesorado do centro dunha forma tan neglixente. A policía xudiciaria comezou a recadar probas para dirimir as posíbeis responsabilidades xudiciais do suceso.
Neste senso, o delegado provincial da Consellaría de Educación da Xunta de Galiza, Luís Miguel Álvarez Martínez, que acudíu ao centro unha hora despois do sinistro, non quixo responder ás peticións de información tanto de pais como de medios "até valorar o alcance do problema". Xa logo, á tardiña, declarou que "segundo as previsións que temos, o luns teremos totalmente rehabilitada toda esta zona" e que, en todo caso, se non fora así "ubicaríamos unha aula transitoriamente no colexio Mato Vizoso"

Acerca do accidente, declarou que "hai unha empresa de supervisión e control que é a resposable, e á que lle haberá que pedir responsabilidades. A consellaría non dispón de persoal suficiente para ter un técnico cualificado en cada obra".
Preguntado sobre a pertinencia de realizar as obras en pleno curso escolar, dixo que "as obras causan molestias, como é obvio, pero non interfiren na actividade" e que "nun centro con máis de trescentos alumnos estaban previstas todas as medidas de seguridade como para que non ocurrira o máis mínimo incidente".
Contraditoriamente, afirmou que "tanto é realidade que iso se derrubou, como que se tomaron as medidas de seguridade que temos que tomar".
Neste senso, membros da comunidade educativa do CEIP que pediron non ser identificados sinalaron que levavan meses pedindo maior seguridade ante o responsábel da obra, que ao parecer sempre respostaba "que el coñecía o seu traballo".
Segundo Paz Filloy, subdirectora xeral de construcións e equipamento da Consellaría de Educación, "xusto cando botaron o formigón foi cando se derrubou a parede". Afirmou tamén que "mañá a primeira hora entregarannos os informes da empresa de control e máis da construtora, e non haberá inconveniente ningún en facelos públicos"
Respecto ás medidas de seguranza adoptadas antes do sinistro, dixo que"coa cantidade de vallas e de medidas que se tomaron ninguén pensaría que ía pasar isto", se ben a continuación engadiu que "a empresa construtora debeu tomar algunha cautela a maiores". De forma empírica, afirmou que "a semana pasada fíxose a mesma obra na outra parte da fachada e non sucedeu nada".
O delegado provincial confirmou que as clases de infantil serán suspendidas o resto da semana, pero non as de primaria. O lóxico sería evitar todo tipo de riscos até que técnicos independentes valoren seriamente a situación para pequenos e mestres. Outra decisión constituiría unha grave irresponsabilidade, a engadir á sucesión delas que desencadeou este sinistro. Pais e nais do centro valoran a posibilidade de emprender accións de protesta.
O alcalde de Vilalba, Xerardo Criado, en declaracións efectuadas á axencia EFE, criticou que estas obras se realicen en período lectivo, dado que "é unha obra que afecta á estrutura do edificio". Asimesmo, comentou que foi "casualidade" que non se producira ningún dano persoal.

Pola súa banda, Francisco Monasterio, presidente da ANPA do CEIP Ínsua Bermúdez, non quixo facer declaracións aos medios de comunicación, máis alá de que "afortunadamente non pasou nada".
Cartaz das obras cos datos dos responsables da mesma. Foto AVV
Said
Froito da casualidade. Ainda que son Vilalbés, resido fora da Chaira; hai quince días tiven oportunidade de visitar as instalacións do "Insua Bermúdez" cos meus fillos, para ensinarlles o centro onde tantas cousas aprendín, e quedeime abraiado pola situación na que se atopa. Ademais das obras de reforma, atopeime cun centro totalmente abandoado, cunhas pistas deportivas moi deterioradas e unha zona verde máis propia dun país terceiro-mundista que europeo. Haberá que pedir responsabilidades a quen proceda. De todos xeitos, é triste comprobar como -unha vez máis- ten que acontecer algo non desexábel para que todos reaccionemos. Na miña modesta opinión, hai cousas que non se poden pasar por alto. Ata eiquí chegamos. Nunca máis.
Said
Parece que a responsabilidade naide dí que pode ser compartida.
Pois eu penso que sí, Pais, Consello Escolar, Dirección do Colexio, APA, Conselleria de Educación,Traballo e Concello, por ser o que máis debe velar pola seguridade dos seus cidadáns, ademáis de ter a obriga de inspeccionar por parte do técnico competente-Aparellador-.
Unha vez pasado o feito semella que naide é responsable e unhos votamonos as culpas aos outros.
Deixar facer e que acontecera o que aconteceu e básicamente responsabilidade do Concello.