Redacción
Na convención, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro no Pavillón Municipal de Vilalba, xuntaranse, coma xa sucedeu nas edicións anteriores, un grande número de practicantes de Artes Marciais, independentemente de estilos, niveis, etc.
O cartel do mestres que impartirán clase na edición deste ano está formado por nomes tan recoñecidos coma os seguintes:
- D. Kim Jin Hak C. N. 9º DAN de Tae Kwon -Do (Valencia)
- D. Feliz Serrano Pérez C. N. 9º DAN de Choson Mu Sul (Murcia)
- D. José Luís Isidro Casas C. N. 8º DAN de Kenkido (Madrid)
- D. Luís Sánchez Casasola C. N. 5º DAN de Jiu Jitsu (Tarragona)
Un ano máis Vilalba vai converterse nun punto de encontro internacional no que se refire ás artes marciais. A razón será a celebración do "GALIBUDO 08", ou o que é o mesmo, a VII Convención Internacional de Artes Marciais.
Na convención, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de setembro no Pavillón Municipal de Vilalba, xuntaranse, coma xa sucedeu nas edicións anteriores, un grande número de practicantes de Artes Marciais, independentemente de estilos, niveis, etc.
O principal obxetivo desta convocatoria é o de valorar por riba de todo a actitude sobre a aptitude. Por elo, búscase xuntar a todos aqueles que, non só saben disfrutar da súa Arte, senón que, ademáis, desexan compartilo cos outros. Deste xeito, a reunión convírtese nun mosaico armonioso das distintas Artes Marciais e dos diferentes estilos das mesmas que ten coma obxectivo común a dignificación da súa práctica, de xeito tal que a sociedade poda velas e aprecialas non só coma un sistema válido para a mellora física individual, senón tamén coma un medio de axuda no camiño de cara a unha armonía e plenitude que mellore as nosas relacións cos outros. Sen lugar a dúbidas, a práctica das Artes Marciais contribúe nunha boa medida, coma poucas cousas, á reivindicación e ao pleno achegamento a valores universais que, desgrazadamente, teñen perdido terreo na sociedade actual: o respeto, o compromiso, o rigor, a constancia, etc.
O cartel do mestres que impartirán clase na edición deste ano está formado por nomes tan recoñecidos coma os seguintes:
- D. Kim Jin Hak C. N. 9º DAN de Tae Kwon -Do (Valencia)
- D. Feliz Serrano Pérez C. N. 9º DAN de Choson Mu Sul (Murcia)
- D. José Luís Isidro Casas C. N. 8º DAN de Kenkido (Madrid)
- D. Luís Sánchez Casasola C. N. 5º DAN de Jiu Jitsu (Tarragona)
0 comentários :
Danos a túa opinión