Redacción
A Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet), entidade que aglutina a empresas dedicadas ao desenvolvemento de contidos para Internet e novas tecnoloxías en Galicia estreou instalacións esta semana co cambio a un local en Santiago de Compostela (Pérez Constanti, 12 1º) máis acorde coas dimensións que adquiriu desde a súa creación no ano 2000. En concreto, 42 empresas do sector integran na actualidade unha das asociacións máis representativas do sector das TIC en Galicia.
Nacida co obxectivo de defender os intereses do sector TIC en Galicia e contribuír ao desenvolvemento e adaptación da cidadanía galega á Sociedade da Información, Eganet
O novo local que acolle a sede de Eganet foi concibido co obxectivo de ofrecerlles novos servizos aos asociados como o gabinete de tránsito, mediante o cal todos os socios poden acceder ao local para aproveitar o tempo entre xestión e xestión. A nova sede, de 220 metros cadrados, está dotada de WIFI e sala de xuntas, ao servizo de calquera socio que queira celebrar as súas reunións en pleno centro de Santiago. Ademais, e dado que Santiago é o centro administrativo de Galicia, Eganet ofrécelle aos seus socios a posibilidade de que sexa a asociación quen lle realice todo tipo de trámites.
A traxectoria de Eganet remóntase ao ano 2000, cando se constituíu cun total de 17 empresas, a maioría delas microempresas cunha facturación inferior aos dous millóns de euros. Entre os obxectivos fundamentais de Eganet destaca a súa pretensión de conseguir un sector forte, de calidade, con futuro e capacidade para chegar á internacionalización das empresas, traballando tamén na diferenciación das empresas que se dedican á elaboración de contidos e no recoñecemento do seu valor.
0 comentários :
Danos a túa opinión