Paulo Naseiro
Hai poucos días un amigo gabábase de que, moito antes de aprobada a Lei da Memoria Histórica, Vilalba tiña sacado do seu rueiro aos protagonistas do golpe do 36 e da consecuente Guerra Civil. Lembráballe eu que aínda quedan moitos nomes do pasado, como ben demostraron os lectores d'A Voz de Vilalba hai pouco tempo, e a súa réplica deixoume insatisfeito: "eses xa ninguén lembra quen foron", dixo.
É un bo exercicio de desmemoria. A eses deixámolos en porque ninguén sabe quen son. Pero se cadra non é tan doado. As novas xeracións a penas saben quen era Franco, o que representou, nun ou outro senso, para millóns de persoas, pero iso non é escusa para manterlle honras e privilexios. Tampouco a moitos dos aínda homenaxeados nas rúas vilalbesas, que tanto contribuíron á matanza civil e á longa noite de pedra da ditadura. Quizais certa dereita debera empezar a pór terra por medio dos fantasmas que aínda se lles aparecen de cando en cando nos seus pesadelos, librarse dun pasado tan remoto como o que representa Fernando VII, por exemplo, e asumir dunha vez que a historia non é duns ou doutros, senón de todos.
Para remediar a desmemoria, nada mellor que tirar da historia dun deses personaxes que enseñorean as rúas vilalbesas: Óscar Nevado de Bouza.
O 20 de xullo de 1936 n'A Coruña alarman as novas chegadas de diversos puntos do Estado sobre un levantamento militar. O Xeneral Caridad Pita, gobernador militar e fiel ao goberno lexítimo, convence ao Capitán Xeneral Salcedo da necesidade de arrestar aos subordinados máis dubidosos. Pero o cazador é cazado, e un grupo de oficiais comandado polo Coronel Pablo Martín Alonso e formado, entre outros polo Coronel Enrique Cánovas Lacruz, o Tenente Coronel Luís Tovar Figueras e o Teniente Coronel Oscar Nevado Bouza, prenden aos dous superiores e declaran o estado de guerra.
Ao longo de varios días, e pese á oposición armada de grupos leais á República, columnas de mineiros de Lousame e Viveiro e milicianos de Cambre, Mesía e Calo, os rebeldes fanse co control dos puntos vitais da cidade, e convértena, xunto con Ferrol, nunha das conquistas máis importantes dos sublevados. Pouco despois, os xenerais Salcedo e Caridad Pita serían fusilados como "premio" á súa lealdade ao goberno lexítimo.
Nevado obtén, como recompensa, o mando do Rexemento Zamora Nº 29 en marzo de 1937, coa habilitación de coronel. Esta unidade, integrada no Corpo de Exército de Galiza, interveu en case todas as operacións clave ao longo dos tres anos de conflito, perecendo moitos dos seus compoñentes -a maioría recrutas forzosos das provincias d'A Coruña e Lugo- en accións de guerra e algúns, tráxicamente, no afundimento do buque Castillo Olite (ver o interesante artigo publicado neste xornal).

Coa fin da guerra, máis premios veñen recoñecer a traizón -non outra cousa fai o militar que se alza contra un xuramento de honra-, nada menos que como académico non numerario da Real Academia Galega -por méritos de guerra, supomos- nunha época, os anos corenta, certamente negros para a máis importante das nosas institucións culturais. Por toda obra literaria, Óscar Nevado edita en 1940 Estados de alma, obra que nos abstemos de calificar. Vexan:
Primavera;
fresca risa, pimpante y cascabelera,
labios que a besar invitan,
gratos sueños que incitan
al amor
¡Es primavera!
O libro en cuestión
O 2 de xaneiro de 1942, xa retirado, obtén o emprego de Xeneral de brigada honorífico, e o 17 de maio de 1943 concédenlle, non por méritos literarios, senón bélicos, a Grande Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenexildo.
Non será xa tempo de remover a este escuro e gris persoeiro da nosa lembranza cidadá? Estamos, por se alguén non se decatou, en 2008. Cumpriría que algún dos nosos 17 munícipes tratara de sacar adiante a iniciativa. E se non se lles ocorre unha nova denominación para esta rúa que está tan perto do salón de sesións do Concello, aí vai unha proposta: Poeta Manuel María.
fresca risa, pimpante y cascabelera,
labios que a besar invitan,
gratos sueños que incitan
al amor
¡Es primavera!
Non sei que opinarían os que entón eran represaliados nas cadeas e os campos de concentración franquistas, os que daban o último alento fronte a un pelotón de execución, os que pasaban fame e miseria... ¡Es primavera!
O libro en cuestión
O 2 de xaneiro de 1942, xa retirado, obtén o emprego de Xeneral de brigada honorífico, e o 17 de maio de 1943 concédenlle, non por méritos literarios, senón bélicos, a Grande Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenexildo.
Non será xa tempo de remover a este escuro e gris persoeiro da nosa lembranza cidadá? Estamos, por se alguén non se decatou, en 2008. Cumpriría que algún dos nosos 17 munícipes tratara de sacar adiante a iniciativa. E se non se lles ocorre unha nova denominación para esta rúa que está tan perto do salón de sesións do Concello, aí vai unha proposta: Poeta Manuel María.
Said
Non só foi un traidor ao seu xuramento, senon tamén un asasino. Chegou a pegarlle un tiro na cabeza ao seu chofer por resistirse a pasar por un punto de tiro do enimigo en Asturias. Non é un farol, é a verdadeira calaña do nome que honra o noso pobo dándolle unha rúa.
Said
É ben certo que hai moito desmemoriado........interesado en que non se retiren simbolos da época Franquista.
Téñome que referir a outro simbolo que non por estar na "fachada" da Igrexa de Sta. María é menos agresivo a miña vista e supoño que a de moitos outros Vilalbeses.
Supón unha autentica vergoña para aqueles que loitamos pola liberdade e a Democracia.
O elemento é unha cruz situada á "dereita" da Igrexa, e leva inscritos os nomes de mortos da guerra civil, pero só leva os mortos do lado Franquista.Acaso os Republicanos non terían que estar tamén?.
Como é un ben que pertence á Igrexa Católica, supoño que sería esta a que tería que retirar esa afrenta.
A Igrexa Católica tamén debera coidar de non facer apoloxía do Franquismo, e debera retirala por respeto a todos e cada un dos seus feligreses.Aos ollos de Deus non somos todos iguais?, Ou depende?.
Said
Hay mucho desmemoriado y también muchas personas con un mínimo de dignidad y sentido de la justicia histórica. Ahí está la Asociación para la recuperación de la memoria histórica y su gran trabajo, a pesar de los pocos medios y la falta de apoyo oficial. Porque Zapatero mucha Memoria y mucho abuelo republicano, pero todo se queda en gestos.
No conocía la historia de Nevado Bouza, y eso que llevo más de 10 años en Vilalba. Es la hostia que un personajillo de este calado tenga una calle en un país democrático, pero estando quien está en el Concello, la verdad, no me extraña.
Bien por Naseiro, no esperaba menos de ti. Y bien por D. Uxío: para que se entere el/la del comentario anterior, la cruz la quitaron hace un mes, con dos coj...!!!