Moncho Paz
Xesús Trastoy Saavedra (Vilalba, 1941) é un pintor autodidacta e prolífico. Casado e con dous fillos de 21 e 15 anos, foi un deses nenos da posguerra que naceron e medraron na Porta de Cima e sempre xogaron e corretearon preto do Castelo dos Andrade. Pasou o tempo, toda unha vida. E hai case dez anos, coincidindo co remate da súa etapa profesional, Xesús decidiu afondar na súa afección pola pintura. De formación autodidacta, este home traballador comezou a súa vida laboral no mundo da construcción, que interrumpiu para cumprir coas obrigas militares. Tras deixar atrais eses anos, plantexouse ingresar en Telefónica no ano 1966, “por oposición, xa que daquela era unha compañía estatal”, lembra coma se o tempo non contase. Cada vez que tiña que viaxar por motivos profesionais, Trastoy preocupábase de localizar as mostras de pintura que permañecían abertas nas distintas cidades que visitaba. Daquela época conserva a súa predilección polos clásicos, especialmente Goya e Zurbarán. Máis de trinta anos despóis -en 1999- acadaba a prexubilación en Telefónica. E a pintura foi para el neses intres “unha válvula de escape, un entretenimento e unha motivación”, asegura hoxe. No ano do 25 aniversario de A Voz de Vilalba e co gallo das festas de San Ramón 2008, queremos facerlle esta particular homenaxe. Por iso convidámoslles a que visiten esta mostra virtual sobre a obra de Xesús Trastoy, onde se poden identificar distintos estados de ánimo e distintos motivos, todos eles tratados con lucidez e rigor. Namorado das paisaxes da Chaira, sabe captar ben as expresións humanas. Os que o coñecen din que Xesús é un bo exemplo de persoa sinxela e con principios. Dende logo é un home constante que consigue mellorar a súa obra cos anos e ademais, ese feito lle permite seguir medrando tamén como persoa, aprendendo a ser mellor cada día que pasa. Grazas, amigo Trastoy.
_________________
Fotos de PAULO NASEIRO
Fotos de PAULO NASEIRO
0 comentários :
Danos a túa opinión