Ao chegar estas datas o Concello de Vilalba, ao igual que moitos outros, empéñase en amolar a moitos cidadáns coa insistente, hortera e inaturábel celebración do Nadal: Arcaicas panxoliñas proxectadas dende altofalantes pendurados da Casa da Cultura a toda hora, unha e outra vez; derroche de alumeado para incrementar a débeda con Begasa... En fin. O de sempre. Ou máis ben, o de sempre, esta vez, non pode ser.
Teño falado algunha vez dende as páxinas do diario de Lugo y su provincia contra un costume que me amola particularmente: máncame a min tanto como a ela ver trepar aos temerarios operarios municipais pola nosa árbore totémica para cravarlle restras de lámpadas, como se a vella e achacosa Pradia, pradairo senlleiro e símbolo de Vilalba e dos vilalbeses, tivese que aturalo todo só por estar aí, por ir aguantando década a década a incuria, a desidia e o desprezo dos nosos gobernantes. Máncame porque me viu nacer, literalmente, diante das súas ponlas. Máncame porque me viu medrar, como a moitos dos meus veciños. Porque foi testemuña de amores e desamores, porque embelece un pobo triste e gris, porque está aí dende que temos memoria e moito máis alá.
Pero este ano, señor alcalde, non pode ser. E alédome inmensamente. A nosa Pradia figura con letras de molde no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza e, por tanto, goza da protección especial que lle outorga o Decreto 66/2007, do 22 de marzo. Isto é:
Artigo 9º.-Protección.1. As árbores e formacións senlleiras que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos.2. A protección implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente a súa integridade, a súa saúde e a súa aparencia
Así que, vaian pensando noutro exemplar menos simbólico ao que torturar coas luminarias. Xa sei que non van renunciar ao despilfarro de diñeiro público que supón celebrar unha festividade relixiosa coa que non todos os que pagamos impostos estamos de acordo, por moito respecto que nos merezan as persoas crentes, e que por tanto tocarame aturar unha e outra vez o “pastores venid....”, o “arre borriquito...” e outras tonadas que xa levamos aburridas, de tanta repetición, nun bucle que semella inesgotábel. Pero á Pradia, dende xa, non a poden tocar.
Teño falado algunha vez dende as páxinas do diario de Lugo y su provincia contra un costume que me amola particularmente: máncame a min tanto como a ela ver trepar aos temerarios operarios municipais pola nosa árbore totémica para cravarlle restras de lámpadas, como se a vella e achacosa Pradia, pradairo senlleiro e símbolo de Vilalba e dos vilalbeses, tivese que aturalo todo só por estar aí, por ir aguantando década a década a incuria, a desidia e o desprezo dos nosos gobernantes. Máncame porque me viu nacer, literalmente, diante das súas ponlas. Máncame porque me viu medrar, como a moitos dos meus veciños. Porque foi testemuña de amores e desamores, porque embelece un pobo triste e gris, porque está aí dende que temos memoria e moito máis alá.
Pero este ano, señor alcalde, non pode ser. E alédome inmensamente. A nosa Pradia figura con letras de molde no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza e, por tanto, goza da protección especial que lle outorga o Decreto 66/2007, do 22 de marzo. Isto é:
Artigo 9º.-Protección.1. As árbores e formacións senlleiras que se inclúan no catálogo considéranse protexidas para todos os efectos.2. A protección implica a prohibición de calquera acción que poida afectar negativamente a súa integridade, a súa saúde e a súa aparencia
Así que, vaian pensando noutro exemplar menos simbólico ao que torturar coas luminarias. Xa sei que non van renunciar ao despilfarro de diñeiro público que supón celebrar unha festividade relixiosa coa que non todos os que pagamos impostos estamos de acordo, por moito respecto que nos merezan as persoas crentes, e que por tanto tocarame aturar unha e outra vez o “pastores venid....”, o “arre borriquito...” e outras tonadas que xa levamos aburridas, de tanta repetición, nun bucle que semella inesgotábel. Pero á Pradia, dende xa, non a poden tocar.
Aí está, para velar porque así sexa, o delegado provincial de Medio Ambiente, o noso común amigo Duarte Vidal, responsábel do cumprimento da norma e, feliz coincidencia, vilalbés de pro e, imaxino, estrito cumpridor do seu cometido. E, se non, se aínda así optaran, que non creo, por saltar por riba da legalidade, sempre quedará denunciar formalmente o caso diante da Consellaría.
E, por certo, agora que o penso, tamén haberá que ir revisando a lexislación contra a contaminación acústica, non cren?
Para saber máis:
Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Listaxe de árbores senlleiras de Galiza
E, por certo, agora que o penso, tamén haberá que ir revisando a lexislación contra a contaminación acústica, non cren?
Para saber máis:
Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
Listaxe de árbores senlleiras de Galiza
Said
Meus parabens para o teu artigo no que falas de protexer ás árbores senlleiras,tan importantes polo que significan, polos recordos que nos traen a cada un de nós, por cada intre que pasamos á súa sombra.
Pero vouche pedir un favor: non lle cambies o nome á nosa Pravia, porque de tódolos nomes que pode recibir un "Acer pseudoplatanus" é certo que entre eles está o de pradia, pero tamén hai outros: pradio, pandrurio, pendrairo...sendo o máis común en Galicia, en todo caso, pradairo. En castelán tamén recibe moitos nomes: "falso plátano" "arce blanco" "sicómoro", etc.
Pero pradairos hai moitos como moitos homes hai no mundo, como moitas praias, animais, penedos, ríos, cidades, flores..., pero cando un recibe un nome propio: María, Pena Corneira, A Magdalena, As Catedrais, Rocinante, A Charca, etc, comeza a ser coñecido por nós, especial, senlleiro... ¿non cres?
Hai centos, milleiros de pradias no mundo máis grandes, máis pequenas, á beira dos ríos, nos parques, nas fragas, etc pero so unha pradia ou un pradairo coma o noso, e hai moitos anos chamámoslle "A Pravia", ese é o seu nome así lle chamou alguén nalgún tempo.
Algunha vez lin que foi así porque alguén chegado de Pravia, en Asturias, a plantou, outros din que se debeu a que o primeiro que lle chamou así non sabía ben o nome e como lle sonaba de algo pradia, un pouco confundido chamoulle pravia -hai moitas historias- pero de calqueira xeito é a nosa árbore e o seu nome é fermoso por que fermoso é o que representa para nós.
Teño medo de que nos pase como pasou noutro pobo de Galicia onde contan cun fermoso exemplar de "Quercus robur", tan fermoso que alguén decidiu que fose femia e chamoulle carballa, A Carballa da Rocha, da Rocha porque era "A Rocha" a dona da finca onde se plantou. Máis tarde alguén a quen lle pareceu pouco fino colocou un letreiro á súa beira e chamoulle "O Carballo da Saínza", debeu pensar que carballa non era o nome vulgar correcto para o Quercus robur senón carballo e que debía facer unha homenaxe á Virxe da Saínza que é a patroa do pobo. Afortunadamente o Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, recolleuno como Carballa da Rocha e salvaron así a súa identidade e por unha vez, un nome feminino serviu para dar un matiz de grandioso, de fermoso, a unha palabra. E tamén por unha vez unha paisana dun pobo, supoño que sen máis curriculum que o de ter unha finca na que conservou unha maravilla de ser vivo, non necesitou ser virxe nen santa para que ese ser levase o seu nome.
A Pravia necesita conservación, é unha árbore vella, hai moitos tratamentos e persoal especializado en conservación deste tipo de exemplares. A catalogación non supuxo ata o momento máis que un mero escaparate para lograr esos eloxios que lle votades ó delegado de medio ambiente, posto que ninguén de momento fixo nada pola árbore.
Ter a árbore catalogada non é logro deste delegado que que eu saiba nunca foi unha persoa preocupada pola defensa do medio ambiente, senón das múltiples asociacións que xa tiñan elaborados catálogos e levaban anos loitando polo recoñecemento oficial que lle deu a aprobación do Decreto.
A catalogación dáballe pé a este mandatario para facer algo polo máis simbólico do seu pobo, pero non fixo nada de nada, como nada fixo por mellorar o medio ambiente no noso pobo. Por exemplo, non está feito o plan de conservación do exemplar, esencial para a súa protección, o decreto que crea o catálogo fala desta obriga, pero nada de nada. Incluso no pasado Nadal coa árbore xa catalogada tivemos que asistir a esa burla de colgarlle as luminarias e demáis, coma ben relatas, e esta persoa non sancionou ós responsables. Supoño que agora que chegan as eleccións aproveitarase da pobriña Pravia para poder seguir sentado no trono, e pode que hasta lle de unha subvención, pero as intencións reais xa as vemos.
Said
Felicitaciós polo artigo. Os alcaldes pasan, pero o árbol queda a pesar das perradas que lle teñen feito. E creo que o autor non lle cambiou o nombre. En todo caso foron os que desde hai vinte-vintecinco anos se empeñan en decir "Pravia". Por pura etimoloxía é unha pradia, con "d", e non ten nada que ver co pueblo asturiano. Os que xa somos algo vellos chamámoslle toda a vida "A Pradia".
Tampouco vexo eloxio ningún ó delegado de Medio Ambiente, e si mais ben moita fina ironía, como en outros traballos do mismo autor. A min pareceme que hastra se mete con el, a ver si é capaz de faguer o seu traballo domo dios manda. Unha pregunta que me ven á cabeza: Este Naseiro ten algo que ver cos que tiñan a tienda precisamente o lado da Pradia?
Said
Precioso artigo por ilustrativo, e firme defensa do Noso Arbol A Pradia, de Anónimo 1.
Ogallá fagan un plan de conservación para unha árbore que é máis que iso polas suas connotacións có povo que o ve medrar.
Gostariame que me dixese Anónimo 1 unha aclaración a unha pregunta, que é a seguinte : Pode ser que un veciño que teña propiedades no entorno da Pradia, poida facer algún tipo de reclamación no senso de que a árbore lle está a perxudicar?.É algo que sempre tiven na cabeza máis nunca procurei enterarme.
Agradezo de antemán a resposta.
Irmandiño.
Said
Yo tambien he dicho siempre La Pradia, y hasta ahora creia que estaba equivocado, o que lo habia entendido mal. En mi infancia, los mayores decian la Pradia, y en gallego le llamaban pradieiro. Recuerdo que algun alcade de la epoca queria talarla, pero hubo mucha oposicion vecinal.
Muchas felicidades al autor del articulo, que por su apellido me imagino que tendra que ver con la "Casa Naseiro" que estaba al pie de la Pradia, y donde vi por primera vez una imagen de television.
Aunque llevo muchos años fuera de Villalba, me ha emocionado recordar aquellos tiempos despues de encontrar por casualidad este diario digital.
Un saludo desde Miami, FL.
Said
Respondendo á dúbida do anónimo 3, direiche que polo que eu sei o código civil establece unha serie de distancias na plantación das árbores e as distancias con fincas, a invasión coas súas polas das fincas colindantes e cousas destas, pero pensando no solo rústico. No casco urbán supoño que dependerá do que diga o plan xeral de ordenación municipal que penso que non está aprobado en Vilalba e que supoño que cando exista terá que ter en conta a protección da Pravia (aínda que eu non sei nada de urbanismo). Coñezo unha sentencia pola que se mandou podar un exemplar maxestuoso de castiñeiro porque o veciño dicía que lle daba sombra ás súas patacas, a sombra no lle facía mal ningún, pero quería xorobar ó veciño e pagounas a fermosa árbore. Por aquel entón non existía o catálogo de árbores senlleiras e o castiñeiro non contaba con máis protección que algúns informes de funcionarios que entendían que a árbore era maxestuosa e que a súa poda únicamente lograría descompensar a copa poñendoa en perigo. Pero no xulgado pensaron que o código civil (e realmente é así) ten máis valor ca un informe e podaron a árbore. Agora con ese Catálogo aprobado por Decreto e no caso de que o exemplar estivese catalogado e contase cun plan de conservación, probablemente conseguirían que aínda que prevalecese o código civil por ser unha lei, alomenos esa poda se faría por expertos e o dono da árbore podería dispoñer dalgunha axuda económica para facer un tratamento axeitado.
Por eso defendo que si fixeron un catálogo, para que pareza que son moi ecolóxicos e comprometidos co patrimonio natural, agora que fagan cumprir no que nel se estableceu, e fagan ese plan de conservación dunha vez e den as axudas económicas precisas para que a árbore poida sobrevivir, sobre todo á bestialidade dos que non teñen a mínima sensibilidade. Costa tanto entender que a ninguén lle gusta que lle craven nen banderillas, nen coitelos, nen flechas, nen cravos no seu corpo, ás árbores e os animais tamén sofren aínda que non se poidan queixar nos medios de comunicación. E esto vai tamén polos salvaxes que no día da xira talan, cravan e rachan as polas de todo o que ven de cor verde, e todo por un so día, non para facer un moble que utilizarán toda a vida, non, so para un día. E as autoridades que alí merendan, incluído o delegado de medio ambiente, tampouco neste caso fan nada de nada.
Said
Moito obrigado pola información , quedo algo máis tranquilo.Ogallá fagan un Plan de Conservación, así como un PLan de Protección.
Agora que temos Delegado de Medio-Ambiente a un paisano, mal será que non se poña máns a obra, e poña empeño en coidar a nosa árbore por excelencia :A Pradia.
IRMANDIÑO.
Said
Estimado Paulo Naseiro: propóñoche algo forte, se cadra impopular, pero que podería ter o seu aquel. Vaia por diante que non me quero meter con ninguén. Buscamos e publicamos cal é o sitio máis feo de Vilalba?. Deixoche a miña dirección de correo electrónico para que vexas que non hai anonimato nas miñas expresións.
Martaventorro@yahoo.es
Sds. a ti e aos que facedes este xornal electrónico, grazas ao cual me sinto moi informada