Redacción
O novo diario Xornal de Galicia saiu á venda esta mañá nas cidades e vilas da Comunidade. Dirixido por José Luis Gómez, leva un suplemento de 96 páxinas con portada ilustrada pola pintora viguesa Menchu Lamas.
Xornal de Galicia nace como un medio de comunicación onde a opinión terá unha destacable presenza; de feito, contará con máis de cen colaboradores. Entre eles destacan Luciano Fariña, ex-presidente do Consello de Contas e inspector de Facenda; Fernando R. Ojea, ex-director de Atlántico e xornalista; Xosé Ramón Pousa, profesor de Xornalismo; Antón Reixa, artista multimedia; Moncho Paz, xornalista e consultor de comunicación; Anxos G. Fonte, profesora de lingua e literatura galega e xefa de Cultura de Xornal de Galicia; Carmen Carballo, directora do Club Internacional de Prensa; Xavier González Méndez, xornalista; Manolo Casal, director de Radio Líder; Ignacio Capeáns, delegado de Antena 3 en Galicia; Carsten R. Moser, secretario da Fundación Bertelsmann e xornalista, e Tino Santiago, xornalista da CRTVG. Na columna da última páxina estará Henrique Alvarellos.
Xornal de Galicia sae á venda o mesmo día que fai nove anos se lanzou http://www.xornal.com/ na rede. O novo diario de información xeral, editado por unha filial de Udramedios -Grupo San José-, abranguerá toda a Comunidade Autónoma e prestará especial atención ás súas áreas metropolitanas.
Con redaccións en A Coruña, Vigo e Compostela e corresponsalías nas outras grandes cidades de Galicia, un innovador sistemas de edicións e unha marcada vocación galega, plural e independente, Xornal de Galicia declara ter entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia.
O diario nace en versións impresa e dixital como un medio aberto ás distintas sensibilidades presentes na sociedade galega e apostará, dende un principio, por reforzar os valores asociados á liberdade de expresión e de pensamento, dende a máis absoluta independencia. Ademais de contar cun amplo panel de colaboradores de opinión, terá correspondentes en Madrid, Barcelona e quince das capitais máis importantes do mundo. Será, xa que logo, a maior rede de correspondentes no mundo dun diario galego.

0 comentários :
Danos a túa opinión