Iago D. Castro
O primeiro edil vilalbés calificaba así, como "exemplar", o urbanismo vilalbés hai duas semanas nunha entrevista realizada para a Radio Galega por Pichi Varela. Un meu colega, indignado, apremiábame para saír ao paso do que consideraba "unha barbaridade". Coido que estou pillando fama de "cañeiro", sobre todo coa actual administración local, o que, por certo, coido un chisco esaxerado, aínda que me sinto honrado. Tamén é verdade que mo están poñendo moi doado.
Repasei o "stream" da entrevista, e coido que se pode dar outra versión: se cadra, Criado, viña a afirmar que o noso urbanismo é un "exemplo" do que non se debe facer. Porque, unha poboación como a nosa, que medrou ao chou sen ter nunca xamáis unha norma, racional o non, de planificación urbana, a que outro resultado podía conducir senón a este caótico núcleo urbano? Tampouco a situación no medio rural é moito mellor. Por iso, creo máis verosímil que o alcalde quixera empregar certa ironía. Non sei. Se cadra é unha visión un pouco rebuscada pola miña parte.
Onte recibín un correo dos editores d´A Voz de Vilalba. Unha lectora, Marta, propuxo acertadamente abrir un fío de participación dos lectores. Este é o comentario: propóñoche algo forte, se cadra impopular, pero que podería ter o seu aquel. Vaia por diante que non me quero meter con ninguén. Buscamos e publicamos cal é o sitio máis feo de Vilalba?. O Moncho e o Naseiro, penso que debido á "mala fama" á que xa me referín, pídenme se: poderías encargarte ti nun ratiño libre de artellar un espazo no xornal para que os lectores podan mandarnos fotos dos lugares máis feos?
Dito e feito, aproveito este último día da ponte de decembro e, tachán... abrimos o debate:
A mecánica é a seguinte: Enviade todas as fotos que queirades de calquera lugar do concello de Vilalba que, ao voso xuízo, sexa o máis feo de todos. Colgarémolas todas nunha galería de Picasa , con posibilidade de engadir comentarios. Cando teñamos un número suficiente de imaxes, poderemos facer unha votación entre os lectores para escoller o metarecanto do feísmo vilalbés. Valen fotos de móbil, de cámara dixital... Podedes envialas aos seguintes enderezos de correo electrónico:

redaccion@avozdevilalba.com
avozdevilalba@gmail.com
iago.d.castro@hotmail.com
Pincha na imaxe para acceder á galería
avozdevilalba@gmail.com
iago.d.castro@hotmail.com
Ánimo, e a polo recanto máis horríbel de todos. Para empezar, e se cadra fora de concurso, un pequeno aperitivo: Agardo que (non) vos guste.
Pincha na imaxe para acceder á galería
Said
Fantástica idea a de Marta. Pode mesmo ser impopular, pero servirá de denuncia e deixará en evidencia as demagóxicas e atrevidas declaracións dun alcalde que semella facernos pasar por parvos. Sería realmente consciente do que dixo ou estaría iluminado por algún deus?
Mirarei de achegar tamén algunha foto.
Said
Parabéns á amiga Marta. A idea é feliz, e o Iago pode sacarlle bo partido. E si, efectivamente, tes fama de "cañeiro", Iaguiño, pero xa vai facendo falta que a algún lle canten as corenta en copas -para os entendidos-.
Said
El cementón sin duda ninguna. Y encima meten la feria de los capones allí abajo. ¿Pero este alcalde no había sido algo en sanidad? ¿Es que ha olvidado las normas mínimas de higiene?
Tambien las viviendas sociales de las Pedreiras, que son francamente horrorosas, por mucho que las haya hecho un arquitecto famoso. Y la estación de autobuses, que está totalmente abandonada. Yo soyy usuaria habitual y me da vergüenza y asco.
Reme
Said
Un 10 pola idea. En canto teña tempo póñome a facer fotos. Debíades dar un premio ¿non? A min eme igual, pero ó millor participaba máis a xente. Por certo ¿valen os colorinchos que lles poñen as casas do casco vello?
Said
Sacando fotos das partes máis bonitas e peculiares de Vilalba e o seu Concello, seguramente que acabariamos antes e aforrabase de gastar e contaminar, bueno contaminar xa está como quen dí, todo contaminado.
Said
Noraboa pola iniciativa. Pareceme ben que se denuncien moitas falcatrúas urbanísticas e históricas. Como estou moi lonxe e hai tempo que non bou pola vila, propóñovos que saquedes, o que poda, unha foto da casa que foi de don Manuel Mato Vizoso, que está en estado ruinoso, cando vín eu, hai algo máis dun ano. Tamén é curiosa unha pequena vivenda na Avda Terra Chá, fronte a gasolineira do Villamartín, que se encontra no medio de dous mamotretos. ¿Qué faría o pobre do propietario para que lle fixesen tal cousa?. Recibide o máis agarimoso dos meus saúdos.
Xan do Muíño
Said
Hola son Marta RM: Moitas grazas por secundar a miña iniciativa. Non pensei que fose a ter 'éxito' . Grazas Paulo e compañía por levala adiante. Non quero aparecer coma unha pedichona, pero unha vez recollido un grande número de fotos que se refiran a eses sitios "oscos", xa que a Terra Chá e unha beleza en si mesma, propoño tamén que se vote e se lles outorgue algún "premio", tales como unha piruleta ou o que se vos ocurra os autores ou responsables dese desaguisado, nunca os cidadáns porque eles non teñen culpa do que pase nese fermoso pobo, do que son oriunda.
Saudiños e bicos para todos. Marta.