Redacción
Agás sorpresa de última hora, a concelleira vilalbesa Sonia Verdes ocupará o posto número catro na lista por Lugo do PSdeG nas eleccións ao Parlamento. Veterinaria de 34 anos, xa fora número 3 na candidatura ao Senado nos pasados comicios xerais, e é unha das poucas novidades que aportan as candidaturas socialistas, en xeral continuístas respecto ás de 2004.
Dáse a circunstancia de que o sector crítico da agrupación socialista vilalbesa emitira hai poucos días un comunicado no que solicitaba a non inclusión de Verdes na candidatura, "para non afondar nas feridas abertas trala dramática elección da nova executiva local (...) ao ser quen traicionou os membros da anterior executiva ás súas costas ", petición que, como se ve, non será atendida polo Comité Nacional do PSdeG.
De se confirmaren os resultados previstos polas enquisas que comezan a circular polo país, Vilalba podería contar con dous deputados no Hórreo, se non hai sorpresas na máis que probábel pero aínda non confirmada candidatura de Agustín Baamonde polo PPdG.
Dáse a circunstancia de que o sector crítico da agrupación socialista vilalbesa emitira hai poucos días un comunicado no que solicitaba a non inclusión de Verdes na candidatura, "para non afondar nas feridas abertas trala dramática elección da nova executiva local (...) ao ser quen traicionou os membros da anterior executiva ás súas costas ", petición que, como se ve, non será atendida polo Comité Nacional do PSdeG.
De se confirmaren os resultados previstos polas enquisas que comezan a circular polo país, Vilalba podería contar con dous deputados no Hórreo, se non hai sorpresas na máis que probábel pero aínda non confirmada candidatura de Agustín Baamonde polo PPdG.
Said
Que fermosa é esta rapaza!
Said
Vaia comentario do Anónimo anterior,o que importa é a defensa dos seus ideais, estéñase ou non de acordo con eles.Polo visto debe ser unha votada para adiante en política xa que para estar onde está, fixo un regateo pouco ético ó meu entender.Que defenda ben os idais socialistas, é o que lle desexo.
Said
Pouco ético e pouco responsable, vender os seus compañeiros por beneficio propio é o máis deplrable que se pode facer a nivel político e indica os valores desta rapaza.
Said
Estimada Sonia: Cantos amigos tes no alto poder do PSDG?. Cantos cadavres deixache no camiño axudada polos ex membros do BNG que asaltaron o PSOE vilalbés?. Entéretate dende o teu posto de concelleira do que sucede no Concello, porque cada vez que te escoito falar ou leo cousas túas na prensa pareceme que estás a facer unha oposición penosa. Claro queres ir para Compostela porque non queres seguir andando polas silveiras de San Lorenzo de Árbol adiante. Ademáis no Parlamento galego gáñanse moitos cartiños. Non me corto en dicircho. Vas polo monei e para caciquear. Pode doerche pero é así. Vaia o meu agarimoso respecto para a xente socialista vilalbesa de verdade e que non sei como teñen noxo de compartir aínda mesa e mantel contigo e con Vidal Baamonde, mentres vos dedicades a fustigar e tratar de apartar con calquera nefasta arte a Martín Seco García e Elba Veleiro. Seguramente ningún dos dous salga elixido concelleiro nas proximas eleccións ao non formar parte da vosa lista. Non sei o que sentirás se quedas fora do Concello, con asiento no Hórreo. Eu sentiría repugnancia humana se me vexo no teu caso. Que conste, non che envexo nada. Diríxome a ti coma política, xa que coma persoa non teño esa inmensa sorte e gratitude de coñecerte. Saúdos e que che vaia moi ben Estimada Sonia.
XAN DO MUÍÑO
Said
O de ser fermosa ou non sempre é para gustos e supoño que non se presenta a un concurso de beleza, a pesar de que en Vilalba parece que se están poñendo de moda... aínda que supoño que isto é o único positivo que se lle ocurriu escribir ó que opinou deste xeito.
A min persoalmente non me gusta nada, posto que, para empezar, non é coñecida no seu pobo, para continuar non mostrou ser unha persoa íntegra nin leal nin sinceira, sendo estas as cualidades que eu máis valoro nunha persoa e das que non deberían carecer os nosos representantes políticos; e digo que carece destas virtudes porque á vista está como se cambiou de bando en poucos días, traicionando ós seus compañeiros de partido a cambio dun posto nesta candidatura ás eleccións autonómicas. Tampouco me parece unha boa política,non ten experiencia nin preparación para desempeñar un bo papel como diputada. Parece que estamos nos tempos en que todo vale e todos valen, eu penso que ou ben unha boa preparación ou ben unha experiencia previa en política deberían ser requisitos indispensables para formar parte dunha lista deste tipo. Penso que hai moitas mulleres preparadas, traballadoras e implicadas coa sociedade e os veciños no partido socialista que nos representarían axeitadamente e espero que este partido reflexione e realice os cambios oportunos.
Un saúdo
Said
Pode que asaltaran, e máis, asltaron ó PsoE e Eduardo Vidal colocouse ben que supoño era o que quería ademáis de algo máis,(son suposicións miñas),como tamén supoño que esta rapaza se apuntou ó carro dos asaltantes, e semella que vai ben dirixida, xa non só por quen a aupou en Vilalba, senón tamén en Lugo apoiada por Ricardo Varela e Gato Soengas,(non menos ambiciosos), dirixentes do PsoE a nível Provincial,En todo caso, non foron membros do BNG que eu saiba, e tamén quixeron facer o mesmiño que no PsoE, e por certo que no BNG como no Psoe, tamén tiveron certo apoio até que pasou o que pasou.Sí parece ser que os socialistas lles deron o carnet de afiliados e a cousa saulles ben,Outra cousa é o que vaia pasar de eiquí en diante cós socialistas vilalbeses, pois se pasa como no BNG, xa sería o segundo grupo político que tiran.Tamén poida ser que a próxima batalla a den no PP e tamén o amolden ó seu antollo, máis o PP neste sentido é máis fino e precavido.En calisquer caso como maquiavelos políticos teñen o seu mérito, pois non é doado como lles foi a eles, facerse con tanto poder en relación ó tempo.
En canto a Veleiro, parece que a neutralizaron, o tempo dirá que vai pasar con ela, que curiosamente, foi cós seus resultados quen lles deu indirectamente Red Bull, eu no seu lugar igual que entrou iríame ó finalizar a lexislatura, e quedaría como a persoa que ergueu como nunca aos socialistas de Vilalba.E quedaría como unha triunfadora,
O malo é que a política Vilalbesa vai quedar resentida por estes movementos, e quen paga todos estes desperfectos democráticos, é a cidadanía de todo o Concello.Mágoa que teñamos que seguir a soportar os desacertos rítmicos e acompasados indebidamente no tempo, do PP, que ao fin é quen máis se beneficia, estes últimos sí que saben.
Casi que parece que o reincidente Alcalde Gerardo ó seu lado é un "bebé".
Un Saúdo a tod@s.
Said
Hai quén di Sonia que non tes vergoña política. Estou de acordo. Engadiría que se a tes non vaias pedir o voto dos vilalbeses. Sinxelamente a lista socialista na que ti vas está chea de lama, esa que ti denuncias que hai polas aldeas adiante caeuche a ti toda enriba, por un prato de lentellas. Ao peor actor de Hollywood concédenlle o antioscar. Lembra que aínda que a mín non me gusta esa expresión, pero que sempre ou case sempre acaba por cumprirse: "Quen as fai acabás pagando", ou se queres para ser máis diplomáticos podemos aplicar aquela outra de "o tempo pon a cada quen no seu sitio". Recoñezo a dignidade dos teus compañeiros de partido, que a teñen. É o último que nos queda. Non é un falso consolo. Non che quero aplicar moito máis refraneiro popular, pero xa sabes o que che pode agardar en política, onde ti es a mostra máis rotunda de que está chea de navalleiros, en sentido figurado claro está. Lembra unha cousiña, aínda que eu, como son case do teu tempo ou cecais un anos máis vello. Leva contigo esta expresión que che regalo amistosamente e con agarimo, porque se cadra algún día reflexionas sobre o lastimoso espectáculo que deches.
Para ti Sonia:
VILALBA NON É ROMA, PERO TAMPOUCO PAGA A TRAIDORES
Manuel Cordal. Psiquiatra de Goiriz, afincado no Salnés. Sds.