O CDG cumple 25 anos en 2009



Redacción

No 2009 cúmprense os vinte e cinco anos do Centro Dramático Galego. O buque insignia do teatro do país celebrará o vindeiro 4 de xullo esta efeméride cun acto conmemorativo chamado "Noite Branca". Pero ata entón, o CDG ten previsto realizar preto dunha vintena de actividades entre as que destaca a estrea de As dunas. A montaxe chegará ao Salón Teatro o vindeiro 6 de abril e combinará o texto de Manuel Lourenzo coa dirección de Quico Cadaval, na fotografía.

A obra será un cabaré sobre o paraíso perdido que transcorre na mariña luguesa. A celebración dos vinte anos de Teatro de Morcego, a estrea de dúas coproducións do CDG (ECO e Delimvois), o terceiro ciclo de accións ST, que lle dará protagonismo a espazos non escénicos do salón teatro, son outras das actividades programadas neste semestre.

23 de xan. de 2009

2 comentários :

Danos a túa opinión