Redacción
A Asociación Revista Xurídica Galega (Rexurga) abordará a elaboración dun dicionario xurídico galego. O colectivo asinou esta mañá un convenio polo a Secretaría Xeral de Política Lingüística financia con 110.000 euros os traballos de elaboración deste texto e achega ademais asesoramento técnico e lingüístico.
O dicionario, que terá versións en papel e electrónica, contará cun mínimo de 2.000 entradas, e os seus contidos estarán supervisados polo Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega (Termigal). Está previsto que a obra fique rematada para 2010.
A entidade Rexurga creárona en 1992 un grupo de profesionais e funcionarios do ámbito xudicial coa finalidade de elaborar a Revista Xurídica Galega. Esta asociación desenvolve actividades a favor da galeguización do ámbito da xustiza no noso país.

0 comentários :
Danos a túa opinión