Construíndo Eurolat

Redacción
O Congreso de Análise sobre Latinoamérica, ‘Construíndo Eurolat’, reúne do 24 ao 29 de xaneiro en Compostela na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC no que se considera cumio latinoamericano de xornalismo aos máximos representantes dos medios de Latinoamérica, Portugal e España, cun total de setenta xornalistas de 25 países -entre eles os directores dos catorce xornais máis importantes de América Latina-, ademáis de embaixadores en Madrid e na UE, directores de medios de comunicación galegos e españois e representantes políticos de grande experiencia internacional.
Este IV Congreso do Novo Xornalismo, que leva por lema ‘As relacións de Latinoamérica e a Unión Europea’, é un encontro organizado polo Grupo Diariocrítico e Prestomedia e dirixido polo xornalista Fernando Jáuregui. A inauguración tivo lugar no Colexio de Fonseca nun acto presidido polo titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, e contou coa presenza do reitor Senén Barro; do director do Grupo Diariocrítico, Fernando Jáuregui; do presidente europeo da Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana, José Ignacio Salafranca; e do director de Estratexia de Medios de Telefónica, Carmelo Calvo, así como con Fernando Anega, encargado de conducir o acto.

27 de xan. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión