Redacción
O ex portavoz nacional do BNG e actual líder de Encontro Irmandiño, Xosé Manuel Beiras, reclamou hoxe a "dimisión" de toda a Executiva con Anxo Quintana á cabeza nun exercicio de "saúde indispensable" e tras o "trompazo monumental" do 1 de marzo. Asemade, pediu ao aparello do Bloque que convoque unha Asemblea Nacional ordinaria "xa" na que se dea "voz a toda a militancia" e que, entre tanto, dirixa a formación un "órgano interno de xestión".
Acompañado polos membros desta corrente -integrada no Bloque- que forman parte do Consello Nacional, Xosé Manuel Beiras contestou con esta petición ás "coartadas" utilizadas pola dirección nacionalista para postergar a convocatoria da Asemblea Nacional. "É urxente, non se pode esperar ao outono", aseverou. Deste xeito, avisou de que xa existe un "baleiro de poder" desde o pasado domingo electoral tras a perda de representación na Xunta, en relación á xustificación da maioría da Executiva nacionalista, que fundamenta a continuidade de Anxo Quintana na importancia de non descabezar a formación frontista.
Os membros desta corrente crítica que forman parte do Consello Nacional -Cristina Amor, Mariño Nogueira, Mario López Rico, Cristina Trigo e Xosé Constenla-, xunto co propio Beiras, trasladarán estas reclamacións á reunión do 14 deste mes, día en que a Executiva Nacional convocou ao máximo órgano de decisión entre asembleas. Coa intervención de hoxe, Beiras volveu á palestra da vida política nacionalista, tras manterse nun discreto segundo plano durante os últimos anos, nos que o BNG gobernou cinco consellerías. "Restablezo unha relación que será máis frecuente do que foi ata agora", declarou o político do Bloque, que minimizou as súas intervencións a pesares de formar parte da actual Executiva.
Beiras avogou pola "refundación" do BNG e demandou un exercizo de "autocrítica" ao "aparello vertical de poder que provocou esta situación de fraude democrática". Matizou que o Encontro Irmandiño "non quere guerras civís" no seo do Bloque, senón que o seu propósito é "devolver a voz e o voto a toda a militancia".
Said
Beiras pon o dedo na chaga. Por fin alguén do BNG abriu a boca despois do segundo fracaso electoral de Quintana, porque alguén parece non lembrar que Beiras de candidato tivo 18 diputados, e logo Quin tivo 13, e agora 12. Son moitos diputados de diferenza. O silenzo dos años envolve á executiva do BNG.
Said
Alguén tiña que poñer os pes no chán e foi Beiras que ten un discurso político máis racional e máis perto da esquerda.
Efectivamente o BNG xa perdeu na anterior Lexislatura, e foi tapada pola consecución do Goberno có PSOE.Dende aquel intre o BNG deberia tomar medidas para que non acontecera o que aconteceu.O resultado era moi xusto, o igoal que agora o PP, que tamén penso a día de hoxe que pode perder nas próximas si non o fai de xeito que a cidadanía millore as suas percepcións, pois andan os votos axustadísimos.Dentro de catro anos ou antes, xa veremos.
Said
O problema de Beiras e que o seu Encontro Irmandiño apenas conta con apoios no Bloque. Son unhas cen persoas que predican no deserto e, ao marxe do "señorito da Reboraina",non teñen outro liderado. Algúns están a falar de Martiño Noriega, alcalde do Concello de Teo, como posíbel candidato dos irmandiños, pero non ten formación sólida, nin política non académica. Ademáis, a UPG saiu das eleccións máis reforzada que nunca: conta con 7 dos 12 deputados. Como o BNG non soluciones todos estes problemas nun curto espazo de tempo, abriráse unha fonda crise que pode partir en dous a organización frentista; o certo é que a sociedade non entende nada destas loitas internas.
Said
O problema de Beiras é él mesmo, a súa autocomplacencia, o seu egocentrismo.A pesares de que diga verdades, o seu estilo é "peculiar", xa que debería expoñer os seus desacordos no Organo do BNG en que está representado e que pide a dimisión, na Executiva Nacional.
Beiras que non é tonto estase a apuntar tantos a rio revolto e chegar en posición de forza o día 14 que se reúne a dita Executiva Nacional.Eu como outros moitos, estamos descontentos, e incluso somos defensores de Beiras e os seus postulados, pero as cousas teñen os seus cauces, esteñamos ou non de acordo con eles.Creo que neste momento Beiras fai dano ó BNG coas suas intervencións nos Xornais que por certo tamen aproveitan para darlle leña ó Bloque.
Xermade
Said
Unha das eivas de Beiras a dí o comentario anterior, non ten lider agás el mesmo, e por riba se dí que non ten formación política o posible candidato de Teo.E eu o que penso é que hai que facer máis política en positivo, mesmo dentro do BNG.Si ademáis non ten apoios e predica en deserto o que ten que facer é traballar para conquerir que seña escoitado, o mesmo que Esquerda Nacionalista o seu anterior proxecto.Penso que non está rodeado de xente con gañas de traballo, pois no BNG hai que ter visión a longo prazo, e para ser lider antes ten que haber traballo político e ter militancia que o dé a coñecer.
O que pase xa se saberá.