Demagogos


Iago.D. Castro

A actual campaña da Conferencia Episcopal contra o aborto, especialmente agresiva, ven demostrar como a xerarquía católica, ademais de dogmática, intolerante e indecente, estase a volver particularmente demagóxica.

Á vista da escasa catadura moral de moitos relixiosos, por suposto non maioritarios pero si significativos, envoltos en tristes casos de pederastia e abusos de todo tipo, resístome a facer a chanza fácil, demasiado cruel para coas vítimas. Pero, ese é o respecto que predican para cos máis inocentes? Só lles interesa a vida intrauterina, e non a das súas vítimas?

Dúas reflexións, nada máis: é nisto no que gastan o 0,7 % do IRPF, en impór a súa particular visión das cousas? E por que se cren no dereito de facer tal cousa? Moitos, se cadra a maioría da nosa sociedade, católicos incluídos, non admitimos leccións éticas ou morais de vostedes, como ben saben.

E menos aínda se á demagoxia lle suman a irresponsabilidade: a santo de que, nunca mellor dito, o Papa Ratzinger vai a África, continente especialmente castigado pola SIDA, a dicir que o uso do preservativo non só non frea a expansión da enfermidade senón que a agrava? É que desexa o extermínio de todo un continente? Acaso os seus antecedentes xuvenís nas Hitlerjugend teñen algo que ver?

E a todo isto, que lles fixo a vostedes o pobre lince ibérico? Por certo, o bicho que utilizan na súa campaña non é un lince ibérico, senón boreal, unha especie que non existe na Península Ibérica. Santa ignorancia...

21 de mar. de 2009

19 comentários :

  • Iago,

    Realmente fas un artigo ao que se lle pode achacar todo o que criticas.

    Dogmático, intolerante e demagóxico.

    23 de marzo de 2009, 09:58

  • A relixión católica, como todas, son capaces de adaptarse ó medio cal se foran camaleóns, haí radica a súa forza; unha vez instalados nun pais con maioría de católicos e cando demostran a súa faciana máis radical, coa intención así mesmo de que nas eleccións o voto vaia dirixido con quenes están con eles, tanto é así que o 0,7%, que non é unha cantidade pequena, vai a aumentar ainda máis as contas, que non son tan "correntes", deles.
    Eu ainda lembro como a Franco lle outorgaron a mesma categoría que Deus, cando decidiron levalo baixo Palio como o seu máximo representante.
    En todo caso, católicos ou non, maioritariamente a xente opta pola súa convicción, que normalmente non se corresponde coa deles.
    As relixións non son boas conselleiras.

    FENDETESTAS

    23 de marzo de 2009, 14:01

  • Como se pode insinuar o que ti, que a igrexa non pode opinar sobre o aborto porque ten casos de pederastia, mesmo queres deixar caer que lles deixen nacer para que os curas abusen deles, non é xa falta de argumentación senón falta de estatura moral o que se nota neste señor.

    La santa compaña

    23 de marzo de 2009, 23:31

  • Triste é o cantar que cantamos, triste é. Rosalía, estes son os que tocaban as campás de Bastabales, as que te enchían de soidade. A relixión é o opio do pobo, sen máis.

    24 de marzo de 2009, 11:15

  • Como calquera que critique á igrexa, Iago, vas levar máis leña que unha locomotora das vellas...
    Mais non deixas de ter razón: O mesmo bispo das Forças Armadas portuguesas, Monseñor Januário Torgal, acaba de declarar ao xornal Publico que "é claro que há circunstâncias, e do ponto de vista médico não tenho qualquer dúvida, em que proibir o preservativo é consentir na morte de muitas pessoas". Dixo, ademais, que "as pessoas que estão aconselhar o Papa deveriam ser mais cultas".
    Respeito ao tema do aborto, a igrexa católica debería limitarse a impartir o seu maxisterio aos seus fieis. Non poden pretender ser a referencia moral para todos. Que non aborten os católicos, se non queren.
    E respecto á cuestión da pederastia, é curioso que só pidan perdón despois de perderen os xuízos nos EEUU. Pero noutros países tamén se deron casos, incluída a catolicísima España, e non vimos a Rouco Varela pedir perdón ás vítimas, que son moitas.

    Fernando

    24 de marzo de 2009, 12:53

  • Mira que es burricán fernando, como se pode dicir que a igrexa prohiba abortar só aos católicos, é coma se o estado español prohibise violar só aos españois. Non coñeces nin a existencia do dereito natural e pretendes acoutar a xurisdición da igrexa só aos seus fieis. Se todos o prol-abortistas razoades así desde logo que tedes pouco que facer.

    La santa compaña

    24 de marzo de 2009, 15:48

  • SANTA COMPAÑA,ou ben eres un membro da igrexa, ou eres BEAT@ con moita fé; pois non se poden defender certas posturas da igrexa católica, e menos cando se trata de casos como o do Aborto.Hai tempo escoitei unha frase referente a este caso que se me quedou e que dí así: Si os Obispos pariran o Aborto sería legal, e deixo o tema.
    Dende outros prismas, tamén é cousa ben dificil o defender os postulados eclesiásticos, si nos atemos ó Dereito Natural que tí apelas, coido que non salerias moi ben parado, xa de feito O Dereito Positivo anula o anterior,estás a falar por tanto de algo desfasado no tempo ó igual que a Igrexa Católica que semella que anda para atrás, no lugar de ir cara a Defensa da Humanidade dende os Evanxelios mirados de xeito positivo.Non se deben usar as Relixións para lanzar mensaxes como arma electoral definida cara a dereita.Nin cara a dereita nin cara a esquerda.
    Que os Católicos e resto de relixións prediquen a súa filosofia
    a traveso dos seus medios e que nos deixen tranquilos a aqueles que a nosa fé, é a de creer no que vemos e sobre elo ainda teriamos que falar dabondo.
    Non quero con esto menospreciar a aquelas persoas creentes, (que as hai, e moitas), simplesmente trato de dar unha opinión máis, e non entra nas miñas prioridades o discutir sobre temas que nunca chegariamos a ter acordos, xa non particulares sinón xenéricos.
    A Deus o que é de Deus, e aos demáis o que é noso, e non, o que é Teu e Meu e Meu, e o que é Meu é Meu e Meu.A BONDADE debería distinguir ós católicos.

    FENDETESTAS

    24 de marzo de 2009, 17:52

  • Santa compaña: non se trata de insultar por insultar. Non é por nada, pero o iusnaturalismo está de capa caída desde o século XIX. É algo etéreo, onde os seus principais formuladores nin sequera se deron posto de acordo no seu contido. Herdeira daqueles esforzos é a Declaración dos Dereitos Humanos de 1948. O dereito é o meu campo de traballo e sei de que falo.
    Estás errado nunha cousa: a igrexa católica SI prohibe abortar aos seus fieis: de feito, a pena é a excomuñón. O que tratan de facer é extender aos non católicos, mediante o dereito positivo, as súas conviccións.
    E, si, pretendo acoutar a xurisdición da igrexa aos seus fieis, como é lóxico, natural e perfectamente razoable. A min que me deixen en paz.

    Fernando

    24 de marzo de 2009, 18:46

  • Interesante artigo en
    http://www.elpais.com/articulo/opinion/Obispos/aborto/castidad/elpepiopi/20090324elpepiopi_11/Tes

    25 de marzo de 2009, 11:31

  • Discrepo con algúns comentarios, pero non con outros, mais coido que o malo non son as relixións. Non hai nada de malo en crer no máis alá, nunha vida logo desta, etc. A moita xente esto, e os ritos que o acompañan, dalle conforto e tranquilidade. O malo, digo, non son as relixións, senón o mal uso que fan delas dende sempre fundamentalmente moitas institucións vinculadas a elas e algúns xerarcas.
    Non hai nada de malo cando a relixión se circunscribe ao ámbito privado (pode ser ata envexábel para os que non cremos), pero si o hai cando se usan para amedrentar, manipular, enganar ou (véxanse moitas páxinas da Historia non sempre lonxana) facer guerras ou masacres ou amancebarse co poder imperante.

    25 de marzo de 2009, 21:37

  • É incrible o nivel de argumentación que se gastan por aquí, resulta que se tes unha opinión é porque has de ser cura, pois non o son, mira probablemente non sexa nin católico, nin creyente, pero contrarrestar dicindo que o dereito natural está desfasado é demasiado, é como dicir que o tema da vida ou a morte o que conta é a moda.De moda falades polo patrón que vos marcan. ¿Que ten de actual abortar nun mundo onde existen todos os medios para non necesitalo?¿Ti cres que se a nós parécenos mal a pena de morte só podemos pedila para os nosos paisanos? se a igrexa cre que abortar é un asasinato deberá chamar asasinos aos que aborten sexan ou non católicos...
    Pero o que me segue parecendo aberrante é que neste medio consíntase que alguén insinúe que os curas condenan o aborto para que haxa máis nenos dos que abusar, ata como chiste é inaceptable. Fagamos un simple exercicio inverso: ¿Asinaría este Iago que os homosexuais queren adoptar para ter relacións sexuais cos seus adoptados?

    A santa compaña

    25 de marzo de 2009, 23:42

  • Santa Compaña, o que andas é a manipular. Eu non vexo por ningures que o artigo diga o que ti dis que di. Mesmo di que non vai caír na broma fácil de facer o chiste. É acaso manipulando as opinións dos demais como tentas impór as túas? És un bo discípulo de Rouco Varela, meu.

    Fernando

    26 de marzo de 2009, 17:35

  • Meu Deus!!! Tades todos tolos.

    26 de marzo de 2009, 21:12

  • Fernando, es tan parvulo que non sabes que se pode dicir non dicindo, e mira que tes complexos, quen non pensa como ti, discípulo de rouco, viva a democracia

    santa compaña

    26 de marzo de 2009, 23:55

  • O que eu dicía, a relixión eche o opio do pobo. Sen máis.

    27 de marzo de 2009, 10:09

  • Santa Compaña: xa van dous insultos. O teu, como queda claro, non é o debate democrático, senón a descalificación gratuíta. Eu así non discuto máis. Que che seña leve...

    Fernando

    27 de marzo de 2009, 10:13

  • O que non entendo eu da Igrexa e que, moito a favor do aborto, pero onde hai miles de nenos morrendo, como onde estivo o Papa, en Africa, dalles igual que morran ou non.Creo que esto chámase ser hipócrita.Ou manipular a opinión pública.Que lle dean os cartos, a esa xente que morre de fame, do que costou o traslado do Papa, claro que este quédase sin Publicidade.Que se poñan a traballar, que xa está ben de facer que son boas personas.

    FENDETESTAS

    27 de marzo de 2009, 10:37

  • Fernando tómasme por parvo, chámasme manipulador e bo discípulo de rouco e logo acúsasme de insultar, ben que non discutas máis non estás para iso. E a fendetestas que se apunte a catequese porque de toda a vida foi a igrexa a única que se ocupou desas pobres almas famentas, moito antes de que nacesen esas ongs...

    santa compaña

    28 de marzo de 2009, 00:02

  • Santa Compaña vai a facer o "Camiño" ou se che toca máis de perto, vai aos "Milagros", pero non por deporte, por motivos relixiosos e a er si expias as penas, que escribindo aquí non quedas tranquilo.
    Por certo dame nomes de a quen axudou a Igrexa, que eu saiba por estes lares non.E non son amigo de misa, nin tan siquera cantada, que é o teu.

    FENDETESTAS

    30 de marzo de 2009, 10:50

Danos a túa opinión