Moncho Paz
A alta participación, especialmente o voto atlántico, deulle a Feijóo a lexitimidade para formar un executivo “sen siglas”, segundo a súa declaración de intencións, e que estará integrado por persoas sen apenas vencello coa etapa de Fraga. Falla por ver si é capaz de conseguilo, pois é ben sabido que nas forzas políticas hai que facer continuos exercizos de equilibrio para satisfacer todas as sensibilidades e demandas.
Entre os seus primeiros retos, deseñar un novo modelo de política informativa para a Xunta, que regule adecuadamente as axudas aos medios; e axilizar a designación do Director Xeral da CRTVG por maioría cualificada do Parlamento.
Pola súa banda, socialistas e nacionalistas comezan unha particular travesía do deserto, que deberá ir acompañada da autocrítica necesaria para reinventarse e recuperar a ilusión. Unha peregrinaxe que se presenta longa e difícil, despóis de perder unha oportunidade histórica para materializar os seus acordos de goberno. É moi cedo aínda para analizar en profundidade a súa lexislatura; será o tempo quen axude a velo en perspectiva.
_________________________________________

Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com
Said
Non andas falto de razón. Penso que as cousas son como son. Feijóo ten agora unha oportunidade de ouro para facer algo que o bipartito non soubo levar a cabo: unha política que non se base no continuismo e que, coma o seu programa, sexa pragmática e realista.
Said
Que non pense Feijóo que o vai ter facil pois o baile de votos non é como en outros comicios e logo os pode perder si os galegos non albiscan ese futuro de conto Caperucistico que pregoaba, pode que só dure como os anteriores, catro anos e punto, si chega aos catro anos, pois xa empeza dando paos de cego.Creo que confunde a Galicia có PP, e nada máis lonxe da realidade.Terá que facer política para todos e cada un dos Galegos, xa que agora saben usar o voto como nunca antes o fixo.
Said
Son o anónimo un. Moi dacordo co que dis, pero penso que iso tamén o grande problema do bipartito, esquecerse das bases dos seus partidos (e, polo tanto, do pobo) e vivir nas nubes en moitos temas que precisaban urxencia.