Moncho Paz
O anuncio, por parte da Administración Barack Obama, de levantar as restricións para que os cidadáns estadounidenses visiten con liberdade aos seus familiares en Cuba, é algo máis que un mero xesto. Supón un paso adiante que ningún dos gobernos anteriores se atreveu a dar. A situación da illa caribeña tamén é substancialmente diferente; no 50 aniversario da Revolución e con Fidel afastado do poder, o seu irmán Raúl amosa unha actitude favorable ao achegamento bilateral, que nunca estivo tan cerca.
Tras moitos anos de aguante, o pobo cubano ve por fin un pouco de luz ao final do túnel. Nos últimos tempos pasou por distintos estados de ánimo. Dende a liberalización do dólar en 1993 á supresión da libre circulación da divisa norteamericana en 2004 e a súa substitución polo peso convertible, o popular "chavito". Ao seu favor, a clara vontade de algúns estados da Unión Europea por estreitar lazos con Cuba e fortalecer os investimentos na illa coa implantación dalgunhas empresas, saltándose así o inxustificable e inhumano embargo que seguen a sofrir os cubanos por parte de EEUU.
_________________________________________
Artigo publicado en Xornal de Galicia e www.xornal.com
0 comentários :
Danos a túa opinión