Por que Baamonde non é conselleiro?
Antonio Cendán Fraga
No novo Goberno galego unha das maiores fallas que noto é a ausencia de Agustín Baamonde, noutrora o mellor alcalde de Vilalba dende Carlos III como dirían os clásicos, ademais de ser o persoeiro central da historia da capital da Terra Chá pola transformación que fixo da mesma no último treito do século XX.
Respectando sempre as decisións políticas e neste caso moito máis por vir da máxima autoridade de Galicia, no estaría demais lembrar que o responsable da Comisión de Xustiza e Interior do Parlamento galego deixou pasar magníficas oportunidades para ocupar máis altas lides, por enlamarse en inútiles loitas de poder local, cando o que se precisaba tanto nas Cortes de Madrid coma no Hórreo auténticos homes de Estado e non concelleiros de aldea, e vaia todo o meu respecto para as persoas que ocupan estes postos polos distintos lares de Galicia.
Independentemente da amistade familiar que me une a Baamonde, especialmente por seu pai e meu avó materno, ambos tristemente desaparecidos e que foran eses eternos amigos e compañeiros na vella Casa do Concello vilalbesa, cómpre comentar que o antigo alcalde chairego é un home do que se saben poucas cousas, aínda que se cadra non hai ninguén que estea a súa altura humana e política. Recoñezo que fun eu quen lle espetou aquelo de que no consistorio chairego podían tirar aos outros 16 concelleiros pola fiestra e quedar tan só el, que todo funcionaría ben. Non me arrepinto, porque coido que por unha vez na miña vida estiven acertado.
Na súa primeira etapa no Parlamento, ao que chegou algo tarde, era un dos deputados que facía tremer ao adversario político, tanto polo seu verbo fácil coma pola claridade de ideas, algo do que carecen a meirande parte dos que se dedican a vida pública. Sen embargo, a súa dedicación a vida política local dunha puxante vila do norte de Lugo, da que foi o único protagonista ao longo dos últimos vinte anos, impediu que Galicia puidese ver a gran calidade humana e persoal dun extraordinario político. Se Baamonde se dedicara a política de máis alto nivel cómpre preguntarse quen sería agora o inquilino de Montepío. Tampouco quero pensar que volva a ocorrer no Parlamento galego o que sucedeu no pasado nesa fría e fermosa vila pola que atravesaba nun vello sangai o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro.
_________________________________________________________
Este artigo aparece publicado en El Correo Gallego o luns 27 de abril de 2009.
Said
Magnífico artigo dese gran xornalista vilalbés, un querido i entrañábel amigo, que nunca será políticamente correcto, o que lle está a valer o seu triunfo tanto a nivel profesional coma humano. Unha aperta amigo Cendán. Segue así. Se estás por Vigo ou as Rías Baixas, envíame un correo electrónico, que che deixo o meu enderezo.
Unha aperta amigo. Xan do Muíño. Castrogal99@yahoo.es
Said
É pouco probable que en Vilalba volvamos a ter un alcalde como "Tito", a respecto da súa valía como persoa, no plano político tamén é certo que nunca os populares tiveron unha persoa do talante do actual Deputado Galego, a súa corrección nas formas e a súa dialéctica, así como a súa presentación física que forma parte das rúas da vila e das suas andainas polo paseo do Madalena, sempre xunto o seu canciño xoguetón,que é o único que o mantén sempre contra as cordas.
Non comulgo coas prácticas dos "populares", pero o ser xentil non quita a ousadía, e Tito notase en falta como alcalde....e moito; máis iso son outros Lópezes que a min non me corresponde avaliar, pero sí ao PP.
FEDETESTAS