Novo recoñecemento para o queixo de San Simón


Redacción

O Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño concedeu o premio "Alimentos de España ao Mellor Queixo: ano 2009" á queixería Catadoiro, de Vilalba. Acollido á Denominación de Orixe San Simón da Costa, este queixo participou nos galardóns dentro do a categoría de pasta prensada de vaca. O queixo de San Simón obtén deste xeito un novo recoñecemento e encara o segundo semestre de 2009 con moderado optimismo, tanto dos produtores como das entidades comercializadoras.

Ademais do fallo ao Premio "Alimentos de España ao Mellor Queixo: ano 2009", o ministerio concedeu os premios aos "Mellores Queixos: ano 2009” en diferentes categorías. O obxectivo dos galardóns é promocionar e dar a coñecer os queixos autóctonos, os ecolóxicos e outros tipos de queixos que amosan unha calidade excelente, así como estimular aos produtores a elaborar e comercializar estes e outros produtos.

1 de xul. de 2009

0 comentários :

Danos a túa opinión