"Consulta" vs. Estatuto

Paulo Naseiro

Pídenme a miña opinión técnica sobre os datos da “consulta” do galego do ensino, feitos públicos onte, e non teño nada que engadir ao dito xa noutro artigo nestas mesmas páxinas. Básicamente, pareceme unha fraude de dubidosa legalidade, e coido ten pouco sentido seguir a darlle voltas.

Se cadra por iso o Conselleiro de Educación permaneceu agochado e mandou ao Secretario Xeral de Política Lingüística a dar a cara, no último día útil antes das vacacións. Pero, digan o que queiran, eu non creo nuns resultados máis ca probábelmente manipulados en favor do discurso revisionista deste goberno.

Quen queira tomar este asunto en serio, que lembre o que di o Estatuto de Autonomía que, por se alguén o esquece, é unha Lei Orgánica refrendada polos galegos e aprobada polo Parlamento estatal: A lingua propia de Galicia é o galego. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos os galegos teñen o dereito de coñecelos e de usalos. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Se tan empeñados están na desaparición do galego, xa saben o que teñen que facer: cambiar a lei. Se conseguen, claro está, unha maioría democrática suficiente.

1 de ago. de 2009

1 comentários :

  • É o que ten o PP, nin siquera cumpre coas Leis por eles mesmos aprobadas.E por riba corrixindo ao que foi o seu referente e que todos tratan de D. MANUEL; e Fraga nin siquera se manifesta sobre o asunto.
    E os votantes do PP?. Góstan de contradicir a D. MANUEL? Gostan do seu Deputado Agustin Baamonde, hoxe as ordes de Feijóo? Gostan do noso Alcalde Gerardo Criado?.
    Reitero, a Rúa Cuart de Poblet que é Valenciá, leva ese nome dende os principios dos 70 e non causou ningún conflicto; non así o troco de nomes de rúas franquistas.

    FENDETESTAS

    3 de agosto de 2009, 17:43

Danos a túa opinión