Os pasados días 11 e 12 de setembro inaugurouse ás 20:00 horas. simultáneamente nos Centros Sociais de Caixanova en Pontevedra e Ourense a maior exposición sobre Man Ray das que se organizaron en Galicia. A mostra ofrécenos unha coidada selección de obras, ata agora dispersas por Estados Unidos e Europa, deste gran artista americano, que revolucionou a historia da arte no século pasado.
As 190 pezas que conforman a exposición permiten facer un percorrido fascinante polos seus primeiros anos en París (1921-1940), os máis fructíferos como creador, nos que foi dadaísta, surrealista, fotógrafo mundano, fotógrafo innovador, creador de obxectos, pintor, cineasta, colaborador de distintas revistas, cronista excepcional de Paris.
Man Ray naceu en Filadelfia en 1890 e será no apaixonante Nova York de 1915 onde terá lugar o seu trascendental encontro cos tamén grandes da vanguardia Duchamp e Picabia, artistas imprescindibles para explicar o dadaísmo e o surrealismo. Como fotógrafo de moda é sen dúbida o fotógrafo do glamour. Os seus modelos e cómplices son personaxes xa míticos como Poiret, Chanel ou Lanvin, Peggy Guggenheim, a vizcondesa de Noailles ou a súa amante Meret Oppenheim, ás que fai pousar xunto con obras de arte clásica ou de Giacometti, Brancusi ou Picasso. Sen o aspecto comercial que algúns lle impregnaban por ser fotografías de moda ou publicidade, a plástica do seu traballo será admirada en revistas como Vogue ou Bazaar.
Trala súa volta a Estados Unidos, nos anos 40, colabora activamente en varias producións cinematográficas de Hollywood, como fixera xa nos seus anos de mocidade. A súa pintura vólvese máis americana, o debuxo é limpo, o discurso elemental e as imaxes rotundas. En 1951 volve ao seu añorado París, onde continúa mantendo as súas inquietudes e non para xamais de experimentar, ata coa fotografía a cor. Morrerá nesta cidade en 1976.
O público galego poderá gozar de obras emblemáticas, fotografías, obxectos, debuxos, óleos ou ready-mades, dun artista que integra os movementos dadaísta e surrealista de ambos lados do Océano Atlántico, que ata hoxe impresiona co seu vanguardia provocadora.
A exposición, tanto na súa sé de Pontevedra como na de Ourense, permanecerá aberta ao público, con acceso libre e gratuito, ata o 25 de outubro, en horario de luns a venres de 18.00 a 21.30 horas e os sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas.
Máis información en Pontevedra no teléfono 986 100 470 e en Ourense no teléfono 988 391 746.

0 comentários :
Danos a túa opinión