A exposición Libros de texto e outros recursos didácticos elaborados en Galicia, que acolle a sala de exposicións do Auditorio de Galicia, concibiuse ao abeiro do 10 Congreso Internacional de Libros de Texto, que ten lugar neste mesmo lugar os días 3, 4 e 5 de setembro. Aproveitamos a ocasión para dar a coñecer unha mostra ampla e variada de materiais didácticos, tanto formais como informais, de todos os niveis educativos, producidos por diversas institucións e asociacións de Galicia. As institucións e asociacións participantes son:
* A Xunta de Galicia, goberno autonómico de Galicia, a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ambas dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A Asesoría de Bibliotecas Escolares presentará materiais da campaña de fomento da lectura Hora de ler así como algúns dos producidos nos centros educativos sobre alfabetización informacional. A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentará diversos materiais producidos para fomentar o uso da lingua galega.
* Concello de Santiago, goberno municipal da capital galega, a través do seu departamento de educación. Dende o seu departamento impúlsase dende hai anos notablemente a produción e difusión de materiais e recursos didácticos. Xunto con Nova Escola Galega promove os premios Educacompostela co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
* Nova Escola Galega (NEG) e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), dous exemplos de Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP’s). Estas asociacións teñen un carácter de movemento colectivo, horizontal, dos propios educadores e educadoras, cunha perspectiva crítico-transformadora no didáctico, no pedagóxico e no social e de defensa do ensino público e da lingua galega. Tanto NEG como a AS-PG contan cunha longa traxectoria na elaboración de recursos didácticos sobre diversas temáticas.
* Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (ICE), centro que recolle as demandas do ámbito educativo e propón cambios para mellorar e adecuar a intervención educativa en calquera ámbito o contexto galego coas súas identidades, favorecendo o desenvolvemento e a calidade. Destaca tamén esta institución pola súa catalogación e produción de materiais educativos.
* Asociación Galega de Editores (AGE), a súa finalidade é a defensa, promoción e difusión da edición de libros en lingua galega, e a representación, xestión e defensa dos intereses comúns dos seus asociados. Coa súa participación contamos coa presenza das principais editoriais galegas que producen libros de texto e outros recursos didácticos.
* Outros materiais, baixo esta denominación poderemos coñecer diversos materiais producidos tanto por asociacións como por particulares que elaboran materiais educativos dun xeito puntual e que son dignos de destacar pola súa calidade e orixinalidade.
Paralela a esta mostra, tamén na sala de exposicións do Auditorio de Galicia, acollemos a exposición Pensad que esto ha sucedido. Lecciones del Holocausto, organizada polo Grupo Eleuterio Quintanilla de Asturias, asociación que leva traballando moitos anos na educación intercultural.

0 comentários :
Danos a túa opinión