O Grupo Eleuterio Quintanilla de educación antirracista de Xixón elaborou a exposición Pensade que isto sucedeu. Leccións do holocausto que se amosa na sala de exposicións do Auditorio de Galicia ao abeiro do 10 Congreso Internacional de Libros de Texto, que ten lugar neste mesmo lugar ata hoxe 5 de setembro. Esta exposición fai un percorrido que comeza na Alemaña anterior á Segunda Guerra Mundial expondo a orixe do nazismo e as razóns que levaron a Hitler ao poder para analizar con detalle as consecuencias que para os xudeus tivo o poder nazi e esta ideoloxía na creación dos campos de exterminio, o papel dos españois internados nos mesmos, a necesidade da memoria e a pregunta de se ese feito pode volver repetirse.
A exposición, que vai acompañada dun amplo material didáctico cunha guía e unhas fichas, propúxose para ser utilizada como recurso didáctico para os alumnos de secundaria e trata con gran amplitude e profundidade un tema especialmente sensible para as sociedades contemporáneas como é o respecto ao diferente e os valores de tolerancia e solidariedade, á vez que expón a necesidade de manter sempre viva a memoria histórica.
A exposición pretende de facer chegar aos visitantes unha información que sexa formalmente alcanzable (de aí o formato de exposición e o equilibrio entre textos e imaxes), sen fuxir da dureza do sucedido (pero evitando caer na pedagoxía do horror), facendo entender o proceso histórico e as súas circunstancias (por medio de breves documentos xurídicos e historiográficos) e movendo á reflexión sobre a absoluta brutalidade do sufrimento (a través dos abundantes testemuños das vítimas e das fotografías), coa intención de estar vixiantes no presente para que nada semellante poda repetirse. Con este enfoque xa se entende que non se orienta a unha conmemoración puntual senón que pretende perdurar e ser motivo de reflexión permanente.

0 comentários :
Danos a túa opinión