Redacción
A sentenza do Tribunal Supremo (TS) di que recoñecer a "toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios". Polo tanto, os pais non poden elixir o idioma no que estudan os seus fillos. O alto tribunal expón este argumento -entre outros- para non admitir o recurso que presentou unha familia de Vigo, que reclamaba que o seu fillo non tivese clases en galego e se educase integramente en castelán.
O texto sinala que a liberdade de elección "conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua". A sentenza nega tamén que exista discriminación por razón de lingua contra os recorrentes, e mesmo indica que "a discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recorrente". Os interesados en ampliar esta información poden facelo consultando a sentenza completa (Fontes: Vieiros e Centro de Documentación Xudicial do TS).

Said
Galicia Bilingüe xa non ten razón de existir. Conselleiro de Educación... DIMISIÓN !!
Said
Toma nota, Feijóo.
Said
Que din agora os represores castelanistas?. Que a sentenza é inxusta. Para que logo digan que respectan a Xustiza. Si a respectan evidentemente, pero cando lles corre a auga para o seu muíño. Alégrome desta decisión do Tribunal Supremo, a ver se lles fai entrar en razón ás mentes cuadriculadas da extrema dereita.