Fermín Bouza
Sempre foi así dende o 1 de Marzo en que Feijóo e o PP volven ao poder en Galicia: cada vez que dende a contorna do presidente nos fan chegar a través dos seus fieis que Feijóo renuncia aos seus disparates contra a nosa lingua e que está/están disposto/dispostos a negociar, ao día seguinte sae unha nova disposición contra o galego, ou un novo regulamento de segundo que oposición a segundo que cousa na que o galego, a proba de galego no mesmo proceso de oposición, non é necesaria e substitúese por un control máis rutineiro tipo certificado, etc.
Que ninguén o dubide: estamos en mans dun grupo minoritario pero moi activo de xentes sociolóxicamente definibles como de novas clases medias urbanas de procedencia rural inmediata que, por complexas razóns, está a tentar darlle o requiescatinpace á lingua propia desta nacionalidade histórica. Non negociarán nada nin aprobarán nada que teña como fin a defensa e a recuperación do galego. A mentalidade anticonstitucional impídelles ler constitucionalmente a norma política englobante, o frame, que din os ianquis, e a súa actividade por reducir o galego no ensino e na vida social é non só anticonstitucional senón que transgrede os mínimos que en Europa rexen para as linguas minoritarias e minorizadas. Isto, a estas alturas, é xa obvio.
En certo xeito, o desprezo polo galego destas xentes non está lonxe do da agresiva Rosa Díez, e xuntos poden constituír o coro histórico desa clase de barbarie que anulou a Galicia durante tanto tempo para convertela, efectivamente, nun ordinario subproduto da propia ordinariez destas xentes, que non é pouca, recriadas na peor das mitoloxías antigalegas. Teño a impresión de que todo isto comeza, aos poucos, a disolverse, e de que, aos poucos tamén, con esa firmeza do certo, todo comeza a cambiar na conciencia popular máis activa. Sen présa.
Viñeta: Iacobus

Said
Moi boa a caricatura, e tamén o traballo de Fermin Bouza. Desgraciadamente reflexa unha realidade cada vez máis patente.
Boto de menos as caricaturas de Martin R.
Vilalbés