Adestramento de memoria para maiores en Meira


Redacción

A Asociación Cultural Eme de Meira vén de organizar o segundo obradoiro, totalmente gratuíto, de adestramento da memoria para persoas maiores. Hai algo máis dun mes comezaba, como experiencia piloto, esta actividade dirixida ao colectivo de Amas de Casa de Meira. Como as prazas dispoñíbeis se encheron en pouco tempo e o obradoiro está resultando todo un éxito, Eme de Meira organizou esta nova edición destinada aos socios e socias do colectivo cultural meirego, aínda que, como o número de socios/as de Eme de Meira de avanzada idade non son moitos, poderán apuntarse todas aquelas persoas que o soliciten ata encher o número de lugares dispoñíbeis na aula.

As actividades do segundo obradoiro de memoria da Asociación Cultural Eme de Meira comezarán este xoves e terá unha duración aproximada dunhas 8 sesións, ocupando as tardes dos xoves de abril e maio. Aqueles socios e persoas que queiran anotarse no segundo obradoiro de memoria poden facelo a través do teléfono 639447137.

6 de abr. de 2010

0 comentários :

Danos a túa opinión