Xulio Xiz
Moi lonxanos quedan aqueles tempos onde todo o relixioso se potenciaba ó límite e un medo incógnito se sobrepoñía á piedade, facendo que toda a nosa vida xirase arredor dunha fe temerosa e imposta. Eran os tempos das Semanas Santas oscuras, silenciosas, onde a cor negra viña imposta, onde se sufría por decreto, por costume, por contaxio.
Hoxe as Semanas Santas son outra cousa, aproveitándose os días máis destacados para feirear e festexar, sabendo que somos milleiros os que aproveitamos o descanso para viaxar e ver mundo. Vilalba ten desto boa mostra na recente celebración da Feira do Queixo de San Simón, que veu coincidir co Dia da Augardente de Portomarín, da Feira do Viño en Quiroga, da Feira de Antigüidades en Sarria ou coa feira de artesanía en Triacastela.
Ben está facer celebracións que traen consigo beneficios para os pobos, alonxando o loito forzado doutrora, pero neste proceso desmitificador, rebaixando os influxos de ritos superfluos existen certos aspectos que evidencian que algo fomos perdendo polo camiño.
Que dous cruceiros da comarca de Vilalba – Tardade e Os Freires – sufriran ataques de vándalos recentemente, para roubalos ou simplemente para disfrutar coa súa destrucción, indícanos que na nosa sociedade hai elementos espúreos que non só perderon o norte senón que non sabendo valorar o que está por encima de calquera valoración, disfrutan agredindo elementos que teñen un significado relixioso, ou aínda moito máis que relixioso.
Pero o desideratum en relación con elementos relixiosos está nas repetidas agresións que están a sufrir igrexas da comarca, asaltadas para roubar as míseras esmolas que poidan quedar nas boetas das ánimas ou dos santos, ou para levar imaxes e outros elementos de valor dos templos rurais.
A repetida acción destes bárbaros ten como resultado que as imaxes que quedan nas igrexas sexan pura escaiola sen o menor valor funxible, que as calderillas que poden levar despois de forzar as boetas son moito menores que os danos que causan, e que a repetición dos ataques – en Codesido levan cinco nos últimos meses- fai que nos templos se instalen pechaduras doadas de abrir para que, xa que entran, o fagan sen demasiados danos para a instalación, e a ver se facendo infructuosos e doados os asaltos cansan os asaltantes nas súas accións.
Nos tempos escuros mencionados, as igrexas podían quedar abertas, que o mesmo carácter de templo impedía accións delictivas. Hoxe parecen ter un especial atractivo, aínda sabendo que o valor material do que nelas hai teña desaparecido.
O que melloramos no campo das ideas, do razonamento, da visión do mundo, empeorámolo en comportamento social, no respecto a unha escala de valores, nesa mesma visión do mundo. Melloramos moito nalgúns aspectos, que a vitalidade e amplitude de miras fainos máis persoas, máis libres, máis humanos. Aínda que algúns non saiban valorar o ser persoas, o ser libres, o ser máis humanos. E se alonxen voluntariamente da humanidade racional.

0 comentários :
Danos a túa opinión