As mulleres labregas chegadas de diferentes países de Europa, reunidas en Cáceres durante o seminario europeo “Labregas polos nosos dereitos” durante os días 27, 28 e 29 de abril, cansas da invisibilización á que frecuentemente son sometidas polas propias administracións a través, entre outras, das políticas agrarias e de desenvolvemento rural, e logo de comprobar que durante o foro oficial organizado pola Presidencia Española da Unión Europea -celebrado tamén estes mesmos días en Cáceres- que todo o mundo falou delas sen darlles voz, queren lembrar ás administracións públicas o papel clave que, como labregas, levan a cabo na produción de alimentos na Europa e tamén no desenvolvemento e na vida dos nosos pobos.
Asemesmo din estar fartas da invisibiildade á que as someten as actuais políticas agrarias, que consideran ás mulleres que desenvolven esta actividade nas explotacións agrarias familiares coma outra “propiedade” do titular da explotación, negándolles así o dereito a ter ingresos propios e á titularidade da explotación, aínda cando co seu traballo contribuen a xeralos e a mantelos na mesma medida que os seus compañeiros.
Denuncian a exclusión aínda hoxe de miles de campesiñas da Seguridade Social, xa sexa por razóns económicas -tamaño da explotación-, culturais ou burocráticas.
Enfrontándose a esta situación, e diante do debate que nestes momentos está a iniciarse sobre a reforna da Política Agraria Común (PAC 2013), reclaman da Presidencia Española da Unión Europea e das institucións comunitarias:
1. Que se recoñeza a titularidade compartida ao 50% dende a PAC, desenvolvendo un estatuto xurídico que garanta ás labregss tanto os ingresos económicos como todos os demais dereitos que leva a titularidade da explotación.
2. Eliminar a esixencia dun mínimo, tanto de superficie produtiva como de ingresos, para o acceso á actividade agraria, xa que este condicionante discrimina ás pequenas explotacións, sendo estas as que están fundamentalmente en mans das mulleres.
3. Que a formación agraria transmitida, tanto nas escolas agrícolas como noutros ámbitos, incorpore a igualdade de xénero como materia a impartir, contando con persoas formadas neste ámbito para realizaren o seu labor docente.
4. A aplicación de medidas de accción positiva até conseguir a plena igualdade das mulleres.
5. A garantía, por lei, da participación das mulleres campesiñas na toma de decisións, facendo obrigatorio o cumprimento das leis de paridade por parte das organizacións agrarias.
6. O compromiso explícito, por parte das institucións europeas, de que non haberá impactos negativos para as campesiñas na elaboración dos orzamentos para a PAC.
7.Que as políticas de igualdade sexan transversais, para que a igualdade sexa un punto crave a considerar no momento de definir a PAC e o desenvolvemento rural. "

0 comentários :
Danos a túa opinión