Redacción
O crítico galego David Barro foi seleccionado, xunto co portugués Fernando Santos, para dirixir este monumental proxecto, que vincula a algúns novos artistas galegos con numerosos artistas de gran proxección internacional. O proxecto, promovido por ANJE (Asociación Nacional de Jóvenes Empresarios) celebrase en múltiples sedes da cidade do Porto desde hoxe 2 de outubro e o 19 de decembro de 2010. Así, artistas como Jorge Perianes (Ourense), Álvaro Negro (Lalín), Suso Fandiño (Santiago de Compostela) ou Carlos Maciá (Lugo) compartirán cartel con nomes da talla do estadounidense Lawrence Weiner, os brasileiros Dias & Riedweg, Marlon de Azambuja e Marepe; o xaponés Jonathan Meese; os alemáns Wolfgang Winter & Berthold Hörbelt e Stephan Balkenhol; os británicos Richard Long e Julian Opie; así como os portugueses Julião Sarmento e Pedro Cabrita Reis, entre os máis de 50 artistas que participarán en Look Up!.
Ideado polo crítico de arte galega David Barro, que exerce tamén as funcións de comisario desta edición, e polo portugués Fernando Santos, Look Up! Natural Porto Art Show pretende concienciar á comunidade dos beneficios sociais, económicos e ambientais que proveñen da práctica da sustentabilidade. Para iso, o evento prevé intervencións artísticas no espazo público así como en edificios emblemáticos da cidade, tales como o edificio da Alfándega, a Casa dá Música, o Palacio da Bolsa, o Palacio das Artes, o Palacete Pinto Leite, a Rectoría da Universidade do Porto e o Aeroporto Fracisco Sá Carneiro.
No referente á inclusión de novos artistas galegos neste evento de gran calado internacional, David Barro sinalou que a razón é única e exclusivamente “a calidade que atesouran e a confianza que teño no seu traballo; xa colaborei en varias ocasións co catro artistas seleccionados e se que conseguirán non só estar á altura senón mostrar propostas realmente destacables”. No que respecta á súa elección como director artístico e comisario deste proxecto en Portugal, David Varro sinala “que é importante xerar vínculos entre Portugal e Galicia no mundo das artes, non só desde o punto de vista dun intercambio de artistas senón tamén de críticos ou comisarios, igual que me pareceu unha boa noticia que Miguel von Hafe Pérez fose elixido director do CGAC, paréceme positivo que Galicia estea presente desta maneira tan singular nun proxecto portugués tan importante como este”.

0 comentários :
Danos a túa opinión