Estou escandalizado.
Escandalizado porque a Xunta de Galiza malgastou, cos impostos de toda a cidadanía, uns 160.000 € nunha pseuconsulta lingüística ás familias para xustificar unha decisión que xa estaba tomada con antelación e que impón a capa e espada espurios intereses partidistas que supoñen un atentado á lingua e á cultura propias.
Escandalizado porque, en liña co anterior, a Xunta de Galiza malgastou, cos impostos de toda a cidadanía, máis de 40.000 € na transformación da casiña sorrinte coa bandeira galega das Galescolas nunha Galiña Azul inspirada no conto infantil de Carlos Casares, sen que a medida supoña beneficio algún para o alumnado desta etapa.
Escandalizado porque a Xunta de Galiza vai malgastar, cos impostos de toda a cidadanía, 1.200.000 € nunha campaña de publicidade do mal chamado Decreto de Plurilingüísmo, algo así como facer propaganda de linguas alleas en detrimento da nosa, sobre todo tendo en conta que vai ser a primeira vez en democracia que se impoña o castelán no noso País. E a todo isto, a algúns membros do partido do desgoberno non se lles arrubia o rostro cando recoñecen en privado o que non ousan defender en público, deixando a propia dignidade á altura da súa catadura moral.
Escandalizado porque a Xunta de Galiza acaba de dilapidar, cos impostos de toda a cidadanía, entre 5,8 e 10,2 millóns de euros coa eliminación duns 200.000 libros de texto que viñan sendo cedidos ao alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria nun sistema universal que evitaba unha carga notábel para as familias ao tempo que fomentaba o aforro e a solidariedade. Lamentábel resulta tamén que as autoridades da Consellaría de Educación prohiban, verbalmente, o préstamo destes libros como material de apoio simplemente por estaren escritos no noso idioma.
Escandalizado porque de todo o anterior dedúcese facilmente que o actual goberno da Xunta de Galiza, cos impostos de toda a cidadanía, pon o máximo esforzo económico en combater a nosa lingua e a nosa cultura mentres detrae orzamentos ao ensino público ou desvía e incrementa partidas para o ensino privado. Ou é que non ocorre isto por exemplo co tan cacarexado Proxecto Abalar cando aínda non chegaron os ordenadores aos centros públicos nin ao alumnado mentres moitos concertados xa dispoñen deles dende o inicio do Curso? A política da Consellaría fai, por exemplo, que os equipos directivos dos institutos se vexan en verdadeiros apuros para facer fronte aos servizos básicos de mantemento dos centros (auga, electricidade, calefacción, teléfono, material…) por non recibiren unha asignación axeitada ás súas necesidades e que as familias teñen que financiar a maioría das actividades extraescolares.
Escandalizado finalmente porque a Xunta de Galiza, para maior gloria dos seus gobernantes, vai malgastar cos impostos de toda a cidadanía, crentes e non crentes, uns 4.000.000 € na visita dunhas seis horas do Papa a Compostela. E se isto é grave en si mesmo, aínda o é máis ao non estaren para nada claros os conceptos aos que vai destinado ese descomunal orzamento, cando parece ademais que o estado se fará cargo dun 70% dos custos que ocasionará a xira do Pontífice como xefe de estado, que tamén é para reflexionar. Quen defenden a medida proclaman aos catro ventos que se trata dun investimento que marcará unha época e que suporá pingües beneficios económicos para o noso País, opinión que non comparten os hostaleiros composteláns nin o encargado da Oficina do Peregrino, quen asegura que pouca diferenza vai haber con outro Xacobeo. Dende a óptica cristiá, imaxino que, honradamente, non se podería xustificar o dispendio sobre todo nos tempos que andamos; un bo amigo meu, crente practicamente, asegura que cando menos é esteticamente impresentábel. Imaxinou alguén o que se podería solucionar con estes cartos de seren destinados, poño por caso, a fins sociais? Dende logo Xesús non precisou tanta infraestrutura para xuntar seica a milleiros de fieis no Sermón da Montaña.
Por todo isto e moito máis, estou escandalizado. Ou debería non estalo?

Said
Canta razón tes amigo Chema en estaren escandalizado. Tempos mellores virán para a nosa fala, e estes deturpadores da verdade caerán polo seu peso.